Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Juan Señoráns e José Ramón Magán |Charla sobre a mediación
    A Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acollerá este venres, 20 de xaneiro, ás 18h unha charla sobre a mediación. Os asistentes á charla poderán coñecer polo miúdo coma a mediación pode axudar na resolución de conflitos, sendo un medio alternativo ou complementario a un proceso xudicial aplicable no ámbito familiar, empresarial, de comunidades de veciños.
    12 min
  • Programación desta fin de semana co Betún - Jorge Aldir
    Esta noite a Asociación Cultural Betún comezará a festa co seu encontro mensual de música improvisada, a Jam Session. Será a partir das 21h. Pola súa parte, o sábado a cita será dobre. Pola tarde, de 17 a 20h celebrarase un obradoiro de Theremin. Contará cunha breve introdución a este instrumento único seguido de demostracións e explicacións de funcionamento. Ten un custe de entre 8 e 10€. Xa na noite do sábado, a partires das 22h chega o concerto de Modulador de Ondas, one-man-band que toca a guitarra e o theremin.
    9 min
  • Ent. Piño Gómez - Coloquio Rally Solidario polo norte de África
    Unha semana e máis de 5.000 quilómetros polo deserto e o norte de África. Todo para levar mantas e material escolar aos habitantes da zona. Esa é a experiencia que mañá Piño Gómez, xunto a outros compañeiros de Conrazones, relatará nunha charla no Centro Cultural da Guarda. Hoxe o presidente da asociación pasou polos nosos estudios para contarnos a súa experiencia.
    15 min
  • Ent. María Reboreda - Obradoiro de relaxación dentro de Faladoiros de Educación
    A Área Panorámica acolle ás seis desta tarde o cuarto Faladoiro de Educación organizado polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres.
    Nesta ocasión a actividade consistirá nun obradoiro de relaxación a cargo de María Reboreda e Javier Cebada.
    María Reboreda explicaba que no obradoiro desta tarde búscase establecer un protocolo de técnicas asociadas ao ioga para coñerse a un mesmo, dirixido tanto a pais coma a fillos. Será na Área Panorámica con entrada pola fachada principal na porta 4.
    ?
    6 min
  • Ent. Margarita Pino - Actividade da Aula Uned de Tui
    Aula da UNED de Tui inicia a actividade deste primeiro trimestre de 2017 cun curso de iniciación á viticultura que comeza o próximo luns. O obxectivo do mesmo é introducir ao alumno no coidado e cultivo da viña, prestando atención ás variedades vitivinícolas galegas.
    12 min
  • Ent. Laureano Alonso - Concelleiro Turismo - Balance turístico en Tui 2016
    Durante o ano 2016 un total de 54.466 persoas demandaron información turística na Oficina Municipal de Turismo de Tui, situada na praza de San Fernando, e no Punto de Información Turística, na praza da Inmaculada. Dende o Concello fan un balance moi positivo, xa que case duplica a cifra rexistrada en 2015, con 28.082 consultas, cando o período de cómputo foi menor abrindo a oficina só de abril a decembro.
    17 min
  • Ent. II Mostra da Camelia Cidade de Tui
    65 expositores danse cita esta fin de semana na II Mostra da Camelia Cidade de Tui que se vai celebrar na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica. Será inaugurada o sábado ás 12.30h e poderá visitarse o sábado de tarde e o domingo todo o día. Agárdanse centos de visitantes.
    20 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…