Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,230 episodes available.
June 29, 2016Ent. Xosé Oliveira, director do grupo O Mosteiro - Concerto na CatedralO grupo O Mosteiro de Pexegueiro vai ofrecer este sábado ás 20h un concertó na Catedral de Tui no que farán repaso do repertorio deste ano do grupode gaitas, o grupo de pandereteiras e cantareiras e contarán tamén con convidados sorpresa. Para este concertó elixiron a Catedral de Tui pola súa sonoridade segundo explicou Xosé Oliveira, director do grupo....more7minPlay
June 29, 2016Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Ordenanzas que se levan ao pleno ordinario de xuñoA aprobación definitiva da modificación de Ordenanza sobre Regulación do Tráfico no conxunto histórico de Tui e a aprobación inicial da Ordenanza Xeral reguladora do funcionamento do servizo de Conservatorio Profesional e Escola de Música Municipal de Tui son dous dos asuntos que mañá serán tratados pola corporación muncipal de Tui en pleno. Así o explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, con que abordamos tamén outros temas de índole municipal....more10minPlay
June 28, 2016Ent. Eduardo Cadenas, presidente Asociación Amigos da Catedral -Concertos e 25 anosA Asociación Amigos da Catedral de Tui celebra neste 2016 25 anos de actividade. O seu presidente Eduardo Cadenas fixo balance deste cuarto de século deste colectivo. Amais deu conta dos próximos concertos que organiza. Mañá mesmo ás 20h no Claustro da Catedral actuarán Sanae Takimoto, violín; Manuel Vilas, arpa e Marina Hermida, viola....more17minPlay
June 27, 2016Ent. Marina Cruces - A emoción dos ViñosA Quinta de Santa Luzia en Valença acolle este sábado 2 e domingo 3 A Emoción dos Viños. Serán máis de 80 adegas e máis de 300 viños nun evento único e singular do que hoxe deunos todos os detalles Marina Cruces, organizadora....more13minPlay
June 27, 2016Ent. Nieves Iglesias - Galega no Reino UnidoTralo referendo en Inglaterra onde se aprobou a saída da Unión Europea hoxe quixemos coñecer cómo están a vivir os galegos a situación polo momento de incertidume. A nosa compañeira Nieves Iglesias, que leva uns anos viviendo en Londres fíxonos unha crónica destas últimas horas....more15minPlay
June 27, 2016Ent. Felicitas Iglesias da Asociación de Parkinson do Baixo Miño - Charla-coloquio “Coidando ao coidador”A Asociación de Parkinson do Baixo Miño organiza para este mércores ás 18.30h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica a charla-coloquio “Coidando ao coidador” a cargo da psicóloga María Lens Villaverde. Da mesma falounos Felicitas Iglesias da Asociación de Parkinson do Baixo Miño....more8minPlay
June 27, 2016Ent. Xosé Tomás, profesor e ilustrador - Curso de Banda DeseñadaO pintor e ilustrador Xosé Tomás imparte hoxe e mañá pola tarde un curso de banda deseñada na libraría Iris de Tui. Será de 18 a 20h para maiores de 6 anos. O prezo é de 30€ por persoa...more9minPlay
June 23, 2016Ent. Marisa Giráldez, pta Club Bádminton Tui - Xornada de Portas AbertasO Club Badminton Tui realiza esta tarde unha xornada de portas abertas no IES San Paio en horario de 16.30h a 19h.Nese horario van xogar un torneo no que animan a participar a todos os que desexen probar este deporte. Marisa Giráldez, presidenta do Club Bádminton Tui deunos conta da actividade prevista para hoxe e da situación do club....more8minPlay
June 23, 2016Ent. Manuel Castro, pte Com. Montes A Guarda - I Romaría Castrexa e I Ruta CabalarO Monte Santa Trega acolle mañá venres a I Romaría Castrexa e I Ruta Cabalar organizada polas Comunidades de Montes de A Guarda, Camposancos e Salcidos. Será un amplo programa a celebrar no Monte Santa Trega do que daba conta hoxe Manuel Castro, presidente da Comunidade de Montes de A Guarda....more6minPlay
June 23, 2016Ent. Patxi Pérez e Nieves Veiga, directores - I Xornadas de Arqueoloxía e Patrimonio do Concello de TuiEste sábado comezan en Tui as I Xornadas de Arqueoloxía e Patrimonio cun marcado carácter divulgativo, e que perseguen a posta en valor do patrimonio arqueolóxico tudense. Patxi Pérez e Nieves Veiga, directores da actividade deron conta dos obxectivos e do programa previsto con conferencias este sábado na Sala Félix Rodríguez, e escavacións na necrópole da igrexa de San Bartolomeu con visitas guiadas dende o luns....more13minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,230 episodes available.