Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Marina Carvalho de Celtas do Minho - Trilho da Lamprea
    Este domingo celébrase o Trilho Sabores da Lampreia que abre o circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade. Sairá ás 10 hora española dende a igrexa de San Pedro da Torre en Valença ou quinte minutos antes do aparcamento do Lidl en Valença. Será un percorrido de 7 quilómetros e inclúe unha degustación de lamprea no final. Marina Carvalho de Celtas do Minho explicou esta andaina.
    As prazas son limitadas, van a bo ritmo de inscrición, e é preciso anotarse nos teléfonos 00351.934.440.770 ou 607.785.601, ou no correo [email protected], cun prezo de 5€ por andaina, nos que se inclúe unha degustación.
    Toda a información destas andainas pode encontrarse no facebook “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudable”.
    5 min
  • Ent. Enriqueta Sanmartín Carbón e Ana Cabildo Quintás, xuízas - Campaña Pola Igualdade Real
    Dentro da campaña pola Igualdade Real hoxe conversamos coasdúas xuízas que están ao fronte dos xulgados de instrución nº1 e nº2 de Tui Enriqueta Sanmartín Carbón e Ana Cabildo Quintás.
    Pese aos avances producidos nos últimos anos recoñecían que queda moito por facer. E salientaban a importancia de ter en conta o mérito e capacidade das persoas non se son homes e mulleres.
    A educación xoga para as xuízas un papel clave tanto para lograr a igualdade real coma para loitar contra a violencia de xénero.
    23 min
  • Ent. María Clara Lorenzo Núñez, mecánica - Campaña Pola Igualdade Real
    Mecánica, fontaneira... son algúns dos oficios realizados habitualmente por homes nos que traballou María Clara Lorenzo Núñez, a nosa convidada de hoxe na Campaña Pola Igualdade Real. Tras ter traballado e vivido en Alemaña non entende as diferencias que aquí seguen existindo entre homes e mulleres en moitos ámbitos, entre eles os laborais e salariais.
    17 min
  • Ent. Ángel Sánchez, dtor Play-Doc - 9 días para o inicio do festival
    Continuamos a conta atrás para Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, estamos a 9 días do comezo e ao longo desta semana iremos coñecendo con detalle todo o que poderemos disfrutar do 22 ao 26 deste mes.
    Ángel Sánchez, director do festival xunto a Sara García, falounos hoxe dos concertos que se celebrarán o venres 24 e o sábado 25 na Sala Metropol. O venres 24 poderemos disfrutar con Joan as a Police Woman.
    As entradas en venda anticipada xa están dispoñibles na web do festival ao prezo de 14€, e no despacho de billetes custarán 17€. Existe amais un abono para venres e sábdo de 20€. O sábado será a quenda de Star Rover e The Dirty Coal Train
    En canto a programación que poderemos disfrutar Ángel Sánchez destacaba que serán cinco días moi intensos con moi diversas propostas.
    A formación é outro dos piares do festival con catro obradoiros e masterclass. A matrícula pode realizar ainda a través de www.play-doc.com
    10 min
  • Ent. Ángel Sánchez, codtor, e Brais Romero da Cuarta Parede - Seminarios e obradoiros
    Quedan once días para que comece Play-Doc. Un festival que nos ofrece o mellor do documental pero tamén formación ao través de diversos obradoiros. Un deles é o Seminario da Crítica organizado xunto á Cuarta Parede, pero tamén o se celebrará o taller de Super 8 e o encontro con Marta Andreu “O primeiro xesto documental”. Ángel Sánchez, codirector de Play-Doc deunos conta desta aposta xunto a Brais Romero da Cuarta Paredes
    8 min
  • Ent. Artur Trillo, Talía Teatro - Foucellas, este sábado en Tui
    O drama dun home que observa como a súa loita cae en saco roto como escusa para falar da xestión da esperanza e a administración da derrota, aínda cando un sabe que a súa causa está esgotada. Da esperanza e da derrota en tódolos ámbitos da vida e actualizada dende a figura do Foucellas, un guerrilleiro e maquis galego, Benigno Andrade García, que rematou asasinado en 1952 despois de loitar contra o franquismo. Talía Teatro recolle a súa historia para reflexionar, nunha mestura de ficción, mito e realidade da importancia de enfrontarnos aos nosos medos e retos na vida e de loitar cando consideramos que a nosa causa é xusta.
    7 min
  • En. Ángela Vidal, arquitecta - Campaña Pola Igualdade Real
    Ángela Vidal foi das primeiras arquitectas na comarca en abrir o seu propio estudo independente. Hai 26 anos que comezou a traballar nun sector, o da construción, dominado polos homes. Nestas case tres décadas de traballo avanzouse positivamente no seu campo na igualdade da muller aínda que tamén recoñecía que ten notado un retroceso no trato cara a muller nas novas xeracións.
    16 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…