Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. José Manuel Sousa de APTUI - leno remanente de tesourería
    Hoxe continuamos a rolda de conversas cos grupos políticos ante o pleno de esta tarde. Con respecto aos proxectos con cargo ao remanente de tesourería, o voceiro de Alternativa Popular de Tui, José Manuel Sousa, sinalou que a primeira proposta do goberno municipal era "inasumible e que hai que priorizar as actuacións".
    17 min
  • Ent. María José González - Abrazo colectivo ao río Miño e 131 aniversario da Vella Ponte Internacional
    Mil escolares de Tui e Valença participan no abrazo simbólico na Vella Ponte Internacional que terá lugar ás 11:30 horas desta mañá co gallo de celebrar o 131 aniversario da ponte. Serán 800 nenos e nenas de Tui e 200 de Valença os que protagonizarán esta conmemoración na que se soltarán 131 pombas e se cantarán dúas cancións para celebrar a unión da Eurocidade.
    4 min
  • Ent. Javier Rivadulla - Exposición fotografías antigas en San Telmo
    Conservar a memoria colectiva de Tui a través das fotografías é un dos obxectivos da exposición “Fotografía antiga de Tui” que co gallo das festas de San Telmo se realizou o ano pasado e que este ano, tras o éxito da primeira edición, poderemos volver a disfrutar do 15 ao 24 de abril.
    Javier Rivadulla, creador da páxina “Fotografía antiga de Tui” falaba desta iniciativa con José Font no programa Día a Día.
    9 min
  • Ent. Miguel Capón Rey de AtT - Pleno remanente de tesourería
    Hoxe continuamos a rolda de conversas cos grupos políticos ante o pleno que mañá celebra a corporación municipal, ao que se levan proxectos con cargo ao remanente de tesourería.
    O voceiro de Alternativa Tudense e membro do equipo de goberno explicaba esta mañá que finalmente irán só 4 proxectos nos que houbo unanimidade en comisión, e quedaron sobre a mesa outros que se plantexaban inicialmente vinculados ao desenvolvemento do PXOM
    16 min
  • Ent. Manuel González Vázquez, voceiro de CST - Remanente de tesourería
    Manuel González Vázquez, voceiro de Ciudadanos Tudenses, compareceu hoxe na nosa sintonía na rolda que estamos a manter previa ao pleno da próxima semana ao que irá un expediente de créditos con cargo ao remanente de tesourería.
    O líder de Ciudadanos Tudenses indicou que haberá algúns proxectos que apoien, pero outro consideran que teñen contías moi elevadas e mentres non coñezan con detalle a proposta non se van pronunciar.
    Por outra parte con respecto ás negociacións co PP para a reunificación do centro dereita sinalaba que van por camiño
    14 min
  • Ent. Carlos Vázquez Padín de C21 - Pleno remanente de tesourería
    Ao pleno da próxima semana, xoves 30 de marzo, irá un expediente de créditos con cargo ao remanente do tesouería para a execución de diversos proxectos. Carlos Vázquez Padín de C21 aposta por facer un plan plurianual de investimento e redibilizar eses cartos, case 9 millóns de euros, mentres non se invisten.
    24 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…