O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 23 de decembro, ás 21h o Concerto de Nadal organizado polo Concello de Tui. Correrá a cargo da Orquestra Sinfónica de Tui, que se estrea neste evento, xunto ao Coro Mistura Vocal, e a Escola de Danza Paula Cobián. Hoxe faláronnos deste espectáculo musical RubénLópez, director do Conservatorio Profesional de Música de Tui, e Paula Cobián, directora da Escola da Danza Paula Cobián. As entradas están á venda en www.culturatui.info e quedan xa moi poucos dispoñibles, haberá algunhas á venda no despacho de billetes o venres dende ás 19.30h. Os prezos son 5€ e 4€.