Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Cristián Vázquez - Concerto de Batemento
    No Paseo da Corredoira, dentro da aposta realizada este ano por combinar nas noites das festas unha orquestra e un grupo, actuará o grupo Batemento a partir das 23.30h. O grupo formado Aitor Domínguez e Cristian Vázquez inicia en Tui a súa xira de 2017, na que achegarán a súa música, na que fusionan diversos estilos actuais con instrumentos tradicionais.
    3 min
  • Ent. Marcos González e Laureano Alonso - Feira Cabalar de San Telmo
    A feira cabalar de San Telmo celebrarase o luns de San Telmo, este ano en horario de mañá. Como cada ano, terá lugar en San Batolomeu co inicio ás 10 da mañá con exhibicións, concursos de cabalo español e árabe e concurso especial para a copa de Galicia de cabalo de raza galega. Xa a partires das 13h celebrarase un espectáculo de alta escola con números de circo.
    9 min
  • Ent. Uxío Benítez - Xornadas AECT Río Miño en Tomiño e Tui
    Tomiño e Tui acollerán sendas xornadas sobre a futura Agrupación de Cooperación Territorial do Río Miño, actualmente en proceso de constitución. A deputación de Pontevedra busca dar a coñecer experiencias de éxito na Península Ibérica e en Europa en canto á cooperación transfronteiriza se refire para poder adaptar eses coñecementos á futura AECT Rio Miño.
    10 min
  • Ent. José Martínez Tato - Andaina de San Telmo
    Dentro das Festas de San Telmo, o club "Andatui Rego da Pedra" xunto coa Eurocidade organizan para este sábado, ás 10:00 a andaina de San Telmo. Ten unha duración aproximada de 3 horas para percorrer 10 quilómetros de dificultade sinxela con saída dende a Corredoira de Tui cara ao paseo Fluvial, Areas, Randufe, Alto do Coello e os petróglifos.
    10 min
  • Ent. Rafael Pérez, pte Atletismo Tui - Carreira Popular de San Telmo
    Ás 23.59h remata o prazo de inscrición para a Carreira Solidaria de San Telmo que se celebra este domingo, 23 de abril, dentro do programa das Festas de San Telmo, organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia e o Concello de Tui. Este evento deportivo un ano máis terá carácter solidario en beneficio da Asociación SOS Tomiño Baixo Miño.
    O presidente do Club Atletismo Tui, Rafael Pérez, apuntou que se trata dunha carreira popular, familiar e próxima.
    A saída será ás 11h dende o Paseo da Corredoira comezando polas categorías superiores cun percorrido de 5 quilómetros.
    8 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…