Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Manuel Domínguez e Cristina López, Asoc San Fins - Festival Foclórico 29/04
    O Centro Cultural de Rebordáns acolle mañá ás 21h un Festival Foclórico organizado pola Asociación Cultural San Fins. Participarán o grupo de gaitas e baile tradicional San Fins, Coros y Danzas Villa de Leganés de Madrid, e o grupo folclórico Asociación Cultural Ondiñas do Mendo de Salvaterra. Manuel Domínguez e Cristina López, da Asociación Cultural San Fins, faláronnos desta actividade.
    7 min
  • Ent. Salomé Álvarez, pta Asociación de Palilleiras do Baixo Miño - Exposición de traballos
    Mañá ás 19h inaugúrase na Sala de Exposición Municipal na Área Panorámica unha mostra da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño. Salomé Álvarez é a presidenta deste colectivo, explicou que amosarán os traballos realizados ao longo dos últimos sete anos, nos que teñen apostado por encaixes europeos e técnicas distintas ás que realizaban coma empezaron no ano 1997.
    A exposición poderá visitarse ata o domingo día 7.
    5 min
  • Ent. Jorge Aldir - Actividades do Betún para a última 'finde' de abril
    Dobre cita esta fin de semana coa asociación cultural Betún, na rúa Cuenca de Tui. Mañá as 22h, The Partisan Seed en Betún porá a nota musical cun concerto con tons escuros e liricamente negra. Ten un custe de 4€ para os socios beta. Pola súa parte, o domingo volve o teatro ao Betún con dobre sesión ás 19h e as 21h. O grupo Entretés pon en escena novamente tres pezas curtas do dramaturgo Jose Mejuto. En formato de comedia e con moita sonoridade, tratan nun ton crítico a nosa realidade: as novas tecnoloxías, a crise de valores ou as relación.
    6 min
  • Ent. Juan Carlos Feijoo e Miguel de la Calle - Clinic en Padel 8
    O Club Padel 8 acollerá este sábado un clínic e partido exhibición con Patty Laguno e Eli Amatriain, actuais nº3 do World Padel Tour. Será o peche do Torneo da Eurocidade. Mentres o club última a terceira pista, e traballa para poder competir de forma oficial e federada a próxima temporada, mentres enfocan tamén a súa actividade cara a canteira. Hoxe falamos tamén con Patty Laguno.
    11 min
  • Ent. Álex Rodríguez e Claudia Alonso - Curtametraxe 'Fume'
    Os tomiñeses Álex Rodríguez, director, e Claudia Alonso, guionista, veñen de ser galardoados no Showing Film Awards coa súa curta, Fume. Estudantes de comunicación audiovisual, recibiron o accésit á mellor dirección no certame madrileño. A peza audiovisual trata a temática da morte e da perda dos seres queridos, reflexionando sobre os sentimentos e o ritual que rodea á morte.
    10 min
  • Ent. Sandra González - Visita do pedagogo Francesco Tonucci
    Este mediodía o psicopedagogo Francesco Tonucci, autor do libro "A cidade dos nenos”, participou na inauguración do novo salón de plenos do Concello de Tomiño. Unhas instalacións renovadas, agora máis accesibles e pensadas tamén para outros usos de ocio e de carácter infantil. Precisamente Tonucci é unha eminencia no traballo de adaptar ás cidades aos nenos e nenas e facelas tamén, pensadas para eles.
    8 min
  • Ent. Carmela Silva - Degusta Europa - A gastronomía dos Camiños
    A Praza de Abastos de Tui será escenario mañá de 12 a 13h dunha demostración de cociña e posterior degustación a cargo do alumnado do CIFP Manuel Antonio dentro do programa Degusta Europa, promovida pola Deputación de Pontevedra, centrada na gastronomía dos Camiños Xacobeos co lema “A gastronomía dos Camiños”.
    7 min
  • José M Caballero, Jordi Heredia, Frederic Quesada - Encontro Bandas de Gaitas Cidade de Tui
    A música será a gran protagonista o sábado coa celebración a partir das 21.30h na Praza de San Fernando do III Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui coa participación da Banda de Gaitas Sons de la Cossetania de Tarragona, Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra, Banda de Gaitas Xuntanza de Catalunya e Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, sendo esta última a organizadora do evento.
    9 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…