Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent Uxío Benítez, deputado de Cooperación Tranfronteiriza - Aprobados 3 millóns de euros para o Minho Transfronteirizo
    Os concellos de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Salvaterra, As Neves, Arbo e Crecente beneficiaranse da concesión de 3 millóns de euros do programa Interreg VA-POCTEP, xunto ás cámaras municipais do Alto Minho. Os proxectos presentados pola Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Miño Visit Río Miño e Smart Minho veñen de ser aprobados coa concesión de 2 millóns de euros par ao primeiro e de 942 mil para o segundo.
    O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez cualificou de “histórica” a aprobación dos proxectos presentados pola Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Minho
    8 min
  • Ent. Héctor Martínez Sanz, veterinario tudense - ingresará o 1 de xuño na Academia Galega de Ciencias Veterinarias
    O veterinario tudense Héctor Martínez Sanz ingresará o 1 de xuño na Academia Galega de Ciencias Veterinarias. É o técnico especialista en transferencia embrionaria de referencia en Pontevedra e un dos que máis anos leva traballando nesta técnica a nivel galego e nacional. Dende 2001 exerce o seu traballo na Finca de Mouriscade. Hoxe contounos que supón para el pasar a formar parte da Academia.
    8 min
  • Ent. Montse Mon e Clara Macedo de Un Máis - Documental Un sueño compartido
    A Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acollerá o xoves, 11 de maio, ás 19h a estrea do documental “Un sueño compartido” realizado pola ONG Aprendices Visuales co gallo do Día Mundial de Concienciación sobre o autismo. O acto está organizado pola asociación Un Máis. A entrada é libre ata completar o aforamento. Ao remate haberá unha charla e coloquio sobre o autismo. Desta actividade faláronnos Montse Mon e Clara Macedo da Asociación Un Máis.
    11 min
  • Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Control documental na ponte Goián-Cerveira
    A ponte de Goián-Cerveira está aberta ao tráfico de vehículo existindo control documental por parte da GNR dentro das medidas adoptadas pola visita do papa a Portugal. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, comprobou esta mañá que se pode circular entre os dous municipios para tránsito local. O tráfico pesado e de mercadorías ten que empregar a nova ponte internacional de Tui. Cómpre lembrar que é preciso levar a documentación.
    3 min
  • Ent. Ramón Rosada Silva, presidente comisión organizadora Congreso PP Tui - O Congreso do PP de Tui será o 10 de xuño
    O Partido Popular de Tui celebrará congreso local o sábado 10 de xuño. Unha comisión organizadora presidida por Ramón Rosada Silva é a encargada de coordinar este congreso do que sairá o presidente do partido a nivel local. As candidaturas poderán presentarse ata o 22 de maio, e o 9 de xuño faranse públicos os candidatos que deben contar cun mínimo de 70 avais.
    5 min
  • Ent. José Mtnez Tato de AndaTui - XIV Andaina Tudense
    Mañá remata o prazo de inscrición para a XIV Andaina Tudense organizada polo club AndaTui. Contará dun percorrido de 27 quilómetros que sairá ás 10.30h do centro intefederado para ir pola beira do Miño ata o San Martiño, nas Bornetas, Randufe, Anta, os petróglifos do Alto do Coello e subir ata o Parque Natural do Monte Aloia. Tras xantar xunto á capela de San Xián baixarán ás 17h pola cova da Trapa, Ribadelouro, Ponte das Febres e regreso ao punto de partida onde está previsto chegar ás 18h. No remate haberá música, xogos tradicionais, chourizada e sorteo de agasallos.
    O prezo da inscrición é de 12€. Existe un límite de 500 prazas. Toda a información está accesible en www.andatui.es
    10 min
  • Ent. Carmela Silva, pta Deputación - Visita a Tui
    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visita hoxe o municipio de Tui onde se reuniu co alcalde e do grupo de goberno, e visitou diversas obras financiadas pola administración provincial. Amais presentáronse os proxectos que se executarán no municipio ao abeiro do Plan Concello 2017. Previamente, ás 10h, a presidenta estivo no programa Día a Día, onde con Jose Font, falou de distintos temas da actividade da institución provincial.
    18 min
  • Ent. Alberto Romer - XVI Os Nosos Fariñeiros: burros e muíños
    A Asociación de Muiñeiros do Río Tripes celebra este a décimo sexta edición de Os Nosos Fariñeiros: burros e muíños. O escenario será a senda dos muíños do río Tripes.
    O programa previsto comezará ás 10h dende o parque infantil de Circos, en Pazos de Reis, cos fariñeiros, un grupo folclórico, cantareiras e treboada, para ir ata o muíño da Ponte. Ás 11.15h celebrarase unha muíñada con degustación de papas de millo. ÁS 12.15h haberá xogos populares con carreira de burros, carreira de sacos, brisca e outros. A partir das 14h haberá degustación de produtos populares coma bica ou pan de millo.
    Ás 15.30h rematará a xornada coa entrega de premios dos xogos populares, así coma de os mellores traxes de muiñeiros e mellor espiga do país.
    5 min
  • Ent. Vicente González - Rallie Descubrimento
    Mañá ás 18h chegarán a Tui os participantes do Rallie Descubrimento no que participan coches anteriores a 1970. Estes vehículos históricos poderán verse no Paseo da Corredoira. Vicente González é un dos organizadores desta actividade.
    5 min
  • Ent. Miguel Insua, actor - O CDG presenta "Martes de Carnaval"
    O Teatro Municipal de Tui acolle ás 21.30h, a representación de “Martes de Carnaval” polo Centro Dramático Galego no inicio da xira do espectáculo tras a estrea da obra en Santiago. Miquel Insua, actor, forma parte do elenco da obra. Hoxe falounos do espectáculo que poderemos disfrutar esta noite.
    6 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…