Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Laureano Alonso, concelleiro Deportes e Manuel Freiría - Slalom, patinaxe...
    Este domingo temos dobre cita deportiva en Tui. Por unha banda no novo pavillón celebrarase a clausura das escolas de patinaxe da Deputación de toda a provincia, reunindo a máis de 1200 patinadores. Por outra parte en augas do río Miño, a carón do porto deportivo, terá lugar a Copa Galega de Promoción de Slalom. O concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, deu conta destas actividades xunto a Manuel Freiríam encargado da organización da proba de slalom.
    16 min
  • Ent. Margarita Pino, coordinadora Aula UNED Tui - Campamento de Inglés
    A Aula da UNED de Tui, coa colaboración do Concello de Tui, realizará por segundo ano o Campamento Urbano "Inglés no meu entorno" do 26 de xuño ao 7 de xullo. Celebrarase en horario de 10 a 18.30h de luns a venres.
    Ofértanse 20 prazas e os interesados pódense inscribirse ata o 21 de xuño. Deunos hoxe todos os detalles Margarita Pino, coordinadora da Aula UNED Tui
    9 min
  • Tui acolleu a celebración do Correlingua baixo o lema 'En galego sen cancelas'
    Escolares de Tui, O Rosal, Ponteares e Salvaterra participaron hoxe na celebración do Correlingua, a carreira pola organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística.
    Amais da carreira pola lingua que comezou na Glorieta de Vigo, gozaron despois de distintas actuacións na traseira da Área Panorámica conducidas por Luís “O Caruncho” e coa Compañía do Ruido. Os escolares portaron pancartas e carteis con distintos lemas sobre o galego. Marta Dacosa, da CIG Ensino, deunos conta hoxe dos obxectivos desta actividade.
    6 min
  • Ent. Jesús.C Guillén Buil, profesor de posgrado neuroedición - Curso Neuroeducación
    O próximo luns comeza na aula da UNED de Tui o curso “Achegas da neuroeducación ao deseño do proceso educativo”. Un dos poñentes será Jesús C. Guillén, que o venres impartirá a aula “Abordaxe dos mitos sobre neuroeducación”. Hoxe Jose Font falou con el no programa Día a Día.
    A inscrición está aberta en www. unedpontevedra.com, no 986 85 18 50 ou persoalmente na Aula UNED de Tui. A matrícula tem un prezo de 22 euros.
    7 min
  • Ent. Ignacio Vilar, director - Cinema Sicixia
    Os sons e as imaxes da Costa da Morte xunto a unha historia de amor son o fío condutor de Sicixia, a película dirixida por Ignacio Vila que ás 21.30h se proxecta na Área Panorámica. O propio director falounos deste filme que precisamente tamén hoxe estrea en Barcelona.
    As entradas para esta noite en Tui pódense mercar ata ás 12h en www.culturatui.info e dende ás 20h no despacho de billetes.
    8 min
  • Ent. Juan Carlos Blanco, Patricia Estévez e Hortensia Mtnez de ACITUI - Sorteo Día da Nai e Desfile de Moda
    O Paseo da Corredoira acolle este domingo ás 19h un desfile de moda de cerimonia e festa organizado por ACITUI, do que nos falaron o presidente Juan Carlos Blanco, xunto a Hortensia Martínez de La Flor e Patricia Estévez de Volvoreta. Amais ACITUI realizou onte na nosa sintonía o sorteo da campaña do Día da Nai. Os gañadores foron foron Marila, Marita, Isabel, Lita, Puri e Luís polas compras realizadas en Papelería Valverde, Academia Eis, Polisport Tui, Carlos Joyero, Opticalia Tui, e Edades Tui. Lévanse un vale de compra de 50 € para consumir en establecimientos asociados.
    10 min
  • Ent. Ramón Martínez, pte CMVMC Randufe - I Festa da Árbore
    As Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) das Parroquias de Randufe, Areas, Malvas e Pexegueiro, organizan este domingo a I Festa da Árbores e de Artesanía de xeito conxunto. Ramón Martínez, presidente da Comunidade de Montes de Randufe deu conta dos obxectivos da festa e do programa previsto.
    8 min
  • Ent. Felicitas Iglesias da Asoc Parkinson do Baixo Miño - Actividades venres 12
    A asociación de Parkinson do Baixo Miño organiza dúas actividades para mañá venres das que hoxe nos falou Felicitas Iglesias. De 10 a 12h Obradoiro de Meditación: consciência e atención plena no día a día na Área Panorámica e ás 20h no Centro Sociocomunitariao charla coloquio “Cómo amarse a un mesmo” a cargo de Noelia López autora do libro “Como amarse a un mesmo” e Alejandro Feijo, coach persoal.
    4 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…