Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Antonio Fernández Rocha do PP - Dimisión coma concelleiro
    O próximo venres, 2 de xuño, será cando presente a súa renuncia á acta de concelleiro Antonio Fernández Rocha, voceiro do PP. Onte anunciaba en pleno que deixaba de ser concelleiro, para dar paso, despois de dous anos de corporación, a outro compañeiro, nun momento no que se reunifican tres grupos de centrodereita.
    5 min
  • Ent. José Manuel Sousa de APTUI - Dimite coma concelleiro
    A dimisión coma concelleiro corresponde ao compromiso adquirido cos seus compañeiros de aos dous anos de corporación deixar paso a outro compañeiro. O anuncio das tres dimisións foi coincidencia, ao igual que o feito de que esta fose unha das condicións postas por Carlos Padín para estudar un goberno alternativo.
    6 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Dimisión de tres concelleiros
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosou hoxe o recoñecemento aos concelleiros José Manuel Sousa, Manuel González Vázquez e Antonio Fernández Rocha que onte anunciaron a súa dimisión no pleno da corporación municipal de Tui. Estas renuncias poderían abrir as portas a unha posible moción, cuestión que non quixo valorar o alcalde, e indicou que o equipo de goberno seguirá traballando con normalidade.
    7 min
  • Ent. Carmen Núñez, concelleira de Patrimonio de Tui - Inicio da peonalización do conxunto histórico
    Dentro dunha semana, o venres 2 de xuño comezará a aplicarse a primeira fase do Plan de Peonalización do Conxunto Histórico de Tui. Durante un mes aproximadamente na zona de intramuros non se poderá estacionar nin circular dende os venres ás 16h ata os luns ás 10h, coa salvidade de que os residentes con distintivo R poderán estacionar polas noite. Nas Zonas Verdes, coma a rúa Ordóñez, so poderán estacionar os residentes de instrumuros e os das propias Zonas Verdes. Detallou o plan a concelleira de Patrimonio Carmen Núñez.
    14 min
  • Ent. Julio Gª Comesaña, dtor de procesos asistenciales do SERGAS - O luns 29 o novo centro de saúde estará ao 100%
    A partir do próximo luns, 29 de maio, todos os servizos sanitarios en Tui prestaranse no novo centro de saúde de Tui, situado na rúa Casal Aboy. Deste xeito o persoal da unidade de mañá súmase aos do PAC e a unidade de tarde que dende hai meses atenden aos pacientes no novo ambulatorio. Julio Gª Comesaña, dtor de procesos asistenciales do SERGAS así o confirmou na nosa sintonía.
    9 min
  • Ent. Teresa Acebes e Patricia Acebes - Divina Teresa
    Divina Teresa é unha empresa dedica á alimentación vexetariana que está ubicada en Salceda. Teresa Acebes e Patricia Acebes falaron hoxe desta empresa que dende 2011 se dedica especialmente á comida vegana, pero levan máis de 25 anos dedicadas a este tema.
    21 min
  • Ent. Julie Dawes - Concerto Solidario Open your Heart
    O Teatro Municipal de Tui acollerá este venres ás 20.30h un concerto solidario a favor O SOS Tomiño Baixo Miño, APPACDM, e África Thrive baixo o lema de “Open your heart and let in the art!". No trancurso do mesmo será subastados medio centenar de cadros realizados polos alumnos da academia Yes Intitute de Valença. Julie Dawes deunos todos os detalles desta iniciativa.
    7 min
  • Ent. Juan Carlos Blanco, pte ACITUI e Susi Pérez de +Karte - Festa do Peregrino
    O sábado 3 de xuño celebrarase no Parador de Turismo de Tui a Festa do Peregrino organizada por ACITUI e +KArte xunto ao Concello de Tui e a Eurocidade Tui-Valença. José Antonio Quiroga dará lectura ao pregón ás 11.30h, e a continuación comezará o programa festivo que se estenderá ata última hora da tarde con actuacións musicais, obradoiros, concurso de disfraces, karaoke, contacontos, e tamén coa presenza dunha trintena de artesáns, que irán ataviados de peregrinos. O Parador ofrecerá un menú especial cun prezo de 15€.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…