Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. José Ramón Magán, concelleiro de Emprego - Visita a Versmold, prazas, ...
    Valoración positiva da visita realizada a Versmold a pasada semana polos concelleiros Yolanda Rodríguez e José Ramón Magán. Este último detallou os encontros mantidos na cidade alemá irmandada con Tui dende 2013. Amais deu conta tamén, coma responsable de Emprego e Seguridade, da convocatoria de prazas que realiza o Concello de Tui, e do detector de drogas que en breve comezará a usar a Policía Local de Tui.
    17 min
  • Ent. Alfonso Pato - 14º Festival de Cans
    Mañá comeza unha nova edición do festival de Cans, no Porriño, que fixo fronte aos problemas financeiros xurdidos nos últimos meses, e presenta agora un amplo programa do que poderemos disfrutar ata o domingo. Alfonso Pato, o seu director, explicounos que este ano haberá o sábado moitos contidos para os nenos, contidos sociais coma os 15 anos do Prestige, e o encontro con directores coma Montxo Armendáriz, Ángeles Huerta,...
    6 min
  • Ent. Andrea González, directora IKFEM - 5º IKFEM
    Un programa versátil, con concertos na rúa...e con nomes coma Best Boy, Tiento Nuovo, João Vaz, e Emilio Villalba & Sara Marina forman parte do cartel deste ano do IKFEM, o Festival Internacional de Instrumentos de Tecla que se celebrará na Eurocidade Tui-Valença do 21 ao 25 de xullo. Andrea González, directora do festival falounos deste quinto IKFEM.
    6 min
  • Ent. Aran Feijoo, coordinador - Encontro de Comerciantes e Concellos do Baixo Miño
    Mañá martes ás 20.30h na Casa dos Alonsos na Guarda terá lugar o terceiro encontro das asociacións de comerciantes do Baixo Miño tras as reunións celebradas en Tui e no Rosal dende finais do ano pasado. Aran Feijo de ACOR, coordinador destes encontros, explicaba o resultado das primeiras reunións. Aran Feijoo indicaba que a proposta é comezar con campañas de promoción turística conxuntas.
    14 min
  • Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Rúa Concepción Arenal, Tapearte, Feira do Libro...
    O Concello da Guarda e Deputación asinarán nun mes o convenio para executar a obra da rúa Concepción Areal que cambiar esta rúa, mentres de forma provisional estase a arranxar o firme da mesma. Así o explicaba o alcalde da Guarda, Antonio Lomba. O rexedor tudense deu conta tamén da celebración dende hoxe de Tapearte e da Feira do Libro que terá lugar o domingo na praza do Reló.
    9 min
  • Ent. Carlos Lima e Pedro Toro - Programación no Betún o 19,20 e 21 de maio
    Triple proposta a desta fin de semana no Betún. Hoxe ás 22h o cubano Reynier Aldana presenta hoxe, ás 22h, no Betún o seu primeiro traballo “Huella”. Ritmos africanos, pop rock, funk, boleros e sonoridades electrónicas con conceptos da música cubana. 3€. Mañá sábado ás 22h actuación de The Turre´s Band A súa música vai desde o máis suave e tranquilo swing, con certos toques de blues, ao ská, música balkánika, e a muiñeira-ska. E o domingo o son de Texas chega ao Betun con Bruce James e Bela Black. Será ças 21h. Entrada 4€. Contáronnolo hoxe Carlos Lima e Pedro Toro, que tamén nos falaron dos cursos que organizan.
    7 min
  • Ent. Brais Sousa - Comunicación audiovisual
    Sete Sousa, licenciado en Comunicación Audiovisual, técnico de son na curtametraxe “Inefable” de Jonatan Toucedo Mor e membro xunto con DJ Trillo de Traffic House, nos acompañou esta mañá para falar do seu traballo
    11 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…