Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Juan Carlos Blanco, pte ACITUI e Susi Pérez de + K ARTE - Últimos preparativos festa do peregrino.
    O parador de Turismo de Tui acolle este sábado, 3 de xuño, a Festa do Peregrino organizada por ACITUI e +KArte. Haberá unha trintena de postos de artesáns, menú especial de 15€, e diversas actividades. Este é programa previsto.
    - Ás 11.30h inauguración. Pregón a cargo de José Antonio Quiroga
    - 30 postos de exposición e venda de produtos artesáns
    - Photocall
    - Postos de distintos albergues de Tui
    - Ás 12h pandereteiras As D’Abadía de Caldelas
    - Ás 12h obradoiro de Xoguetes tradicionais
    - Pola tarde concurso de disfraces para nenos e adultos
    - Karaoke
    - Ás 17h contacontos “Contos do Camiño”
    - Ás 18h Obradoiro de xoguetes tradicionais
    6 min
  • Ent. Manuel Gonzalez Vazquez - Candidato á presidencia local do PP
    Manuel González Vázquez, concelleiro e líder de Ciudadanos Tudenses, confirmaba na nosa sintonía que presentou a súa candidatura á presidencia do PP en Tui. Coincidía co outro candidato, José Ángel Taboada, en que o mellor sería chegar a unha candidatura de consenso, para o que xa mantiveron algún contacto, amosando a boa disposición por ambas partes. Explicaba que índa que formou Ciudadanos Tudenses é militante e afiliado do PP.
    7 min
  • Ent. José Ángel Taboada - Candidato á presidencia do PP de Tui
    O garda civil retirado José Ángel Taboada presentou a súa candidatura a presidir o congreso local do Partido Popular de Tui. Hoxe na nosa sintonía explicaba que o obxectivo é unificar o partido. Recoñecía que hai outra candidatura, a presentada por Manuel González Vázquez, indicando que persoalmente lle gustaría chegar a un acordo para poder presentar ao congreso local unha lista de integración.
    7 min
  • Ent. José Quinteiro, pte SOS Tomiño Baixo Miño - Xantar Solidario
    A Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, vai celebrar este domingo 4 de xuño ás 14h, o seu IX Xantar Solidario no parque de Pias ao lado da ponte do rió Tamuxe no Rosal, baixo carpa. O presidente de SOS Tomiño Baixo Miño, José Quinteiro, explicou o obxectivo deste xantar, e tamén avanzou as próximas campañas que van realizar.
    14 min
  • Ent. Laureano Alonso, concelleiro - Campamentos urbanos, visitas guiadas, deportes...
    O concelleiro de Deportes, Servizos Sociais e Turismo, Laureano Alonso, avanzou hoxe na nosa sintonía que do 1 ao 9 de xuño se abrirá o prazo de inscrición para os Campamentos Urbanos que oferta o Concello de Tui. Falou tamén do campus de fútbol sala e da Eurocidade 10, amais de felicitar a deportistas e clubs polos recentes éxitos. Tamén deu conta no eido turístico do próximo inicio das visitas guiadas á cidade.
    14 min
  • Ent. Rosendo Bugarín - Semblanza Alejo Díz Jurado.
    A corporación municipal de Tui acordou por unanimidade solicitar á Xunta que o novo centro de saúde de Tui leve o nome do médico tudense Alejo Diz Jurado. O tamén médico Rosendo Bugarín achegounos a este destacado persoeiro tudense do século XX.
    14 min
  • Ent. alfombristas - Preparación alfombras Corpus.
    Un grupo de voluntarias traballa xa nos preparativos para a confección das alfombras de Corpus en Tui. O próximo luns comezarán coa preparación do venres no claustro da Catedral e pouco a pouco irán realizando todos os traballos precisos que culminarán na alfombra florar na Praza de San Fernando. Convidan a sumarse a todos aqueles que o desexen,
    8 min
  • Ent. José Mtnez Tato, concelleiro - Composteiros, Balcóns do Aloia, acto traídas auga
    Hoxe visitounos José Martínez Tato para tratar tres asuntos. Na súa calidade de concelleiro de Medio Ambiente, deu conta da ampliación do número de composteiros comunitarios no casco urbano ante a excelente acollida que están a ter os instalados na rúa Compostela. Amais na RMT imos sortear 27 composteiros individuais de SOGAMA para quen desexe sumar a esta iniciativa na casa, para o que será preciso que conten cun pequeno terreo. Coma membro do BNG explicou o problema que teñen algunhas traídas veciñais ás que non se lles renovou a concesión por parte da CHMS, tema que trarán ás 20.30h na Área Panorámica. E por último coma presidente do club AndaTui deu conta do percorrido que realizará este sábado a Andaina Balcóns do Aloia.
    10 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…