Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Xacobe Morais e Rigo - A Quinta de Tui.
    En 2001 creouse o club de fútbol sala A Quinta de Tui que na temporada que agora remata contou con 9 equipos federados, dous seniors e sete de base, e máis dun centenar de persoas adestrando. Do estado do club e dos obxectivos para a próxima temporada faláronnos hoxe Rigo, o seu presidente, e Xacobe Morais, coordinador e adestrador. Agora pensan xa na próxima temporada na que fixan coma obxectivo contar tamén cun equipo senior feminino e outro de base. Para iso este sábado terán unhas xornadas de portas abertas para mozas nadas entre 2003 e 2011 no pavillón novo de Tui.
    16 min
  • Ent. Basilio Calzado e Emilio Cabeiras - Exposición colectiva na Sala Municipal de Tui
    Ata este sábado pode visitarse na Sala de Exposicións Municipal de Tui unha exposición colectiva de Basilio Calzado de San Salvador de Tebra, Emilio Cabeiras de Santa Mª de Tebra, Luís Oliveira e Libia Domínguez de Goián, o gondomareño afincado en Pinzás Iago Riera, e a canguesa Violeta Vilas. Basilio Calzado Emilio Cabeira faláronnos desta mostra que reúne distintas técnicas e estilos.
    10 min
  • Ent. Juan Pino - Inventor dispositivo seguridade para coches.
    O pontareán Juan Pino explicounos hoxe con detalle o dispositivo que inventou para aumentar a seguridade nos coches. O seu invento permite que a terceira luz de freno emita unha cadencia distinta para alertar de frenazos bruscos, e outras incidencias avisando así ao coche que vai detrás para evitar posibles colisións.
    8 min
  • Ent. Inma Serrano e Javier Salazar - Presentación do libro cd "Los tambores hablan"
    Este domingo ás 18.30h preséntase no Colexio Maristas de Tui o libro-cd "Los tambores hablan" promovido pola ONGD SED. As letras foron compostas polo irmán marista Aureliano García e son intepretadas por Víctor Manuel, Rozalén, Antonio Carmona, Ana Belén, Miguel Ríos, Andrés Suárez, Adrián Martín, Inma Serrano, Javier Vargas, Pasión Vega, David San José, Tontxu, José Sacristán, Fran Fernández, La Shica, Juan Valderrama, Javier Álvarez, Ondina, Pedro Guerra, Edgar Oceransky e Julián Maeso. Esta publicación coincide cos 25 anos de SED.
    14 min
  • Ent. Carlos Lima - Programación Betún 2, 3 e 4 de Xuño.
    O betuneiro Carlos Lima deunos conta da programación desta fin de semana con tres citas no Betún na rúa Cuenca.
    Hoxe ás 22h Jam Sessions con entrada de balde. Mañá ás 23h sesión de Javi Pelón con vinilos e unha escollha de Funk, rock, pop, soul, electro... Entrada 3€. Por último o domingo ás 20h en concerto MINTA & THE BROOK TROUT, banda lisboeta formada por Francisca Cortesão e Mariana Ricardo. Entrada 3€
    2 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…