Tui volverá á época medieval do 8 ao 10 de setembro coa celebración da segunda edición do Festival Arraianos. Serán tres días de recreacións históricas, espectáculos, conferencias, mercado medieval, survival zombie...e moito máis. A súa directora Andrea Costa avanzou hoxe parte do que poderemos disfrutar no Arraianos. Arestora está aberta a convocatoria para hosteleiros, artesáns, e comerciantes que se queiran sumar ao festival.