Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Eduardo Méndez Sanjurjo, dtor técnico - IV Campionato Ibérico de Kung Fu
    O pavillón deprotivo de Tui acolle este domingo dende ás 10.30h o IV Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Eduardo Méndez Sanjurjo, o seu director técnico, explicou que haberá 325 participantes tanto de kung fu tradicional coma modern, con competidores de alto nivel, pero tamén con moita presenza da canteira deste deporte. Trátase dun campionato moi dinámico que se desenvolverá durante dúas horas.
    11 min
  • Ent. Xosé M. López, Leticia Fernández Xosé M. Sánchez, Javier Oliveira - Oferta formativa IES Indalecio Pérez Tizón
    O periodo de solicitude de prazas para os ciclos formativos do IES Indalecio Pérez Tizón comeza o luns 26 de xuño e finaliza o 4 de xullo ás 13 horas. O vicedirector do centro, Xosé Manuel Álvarez López, contounos cal é a oferta formativa para o curso 2017/2018. Unha das profesoras dos ciclos de Comercio, Leticia Fernández Rivero, falounos sobre os contidos da formación e dous exalumnos, Javier Oliveira e Xosé Manuel Sánchez, comentaron a súa experiencia o centro.
    16 min
  • Ent. Miguel Capón Sánchez - I Campus Denis Suárez
    Do 3 ao 8 de xullo celebrarase nas instalacións deportivas Álvarez Durán o I Campus Denis Suárez de Fútbol dirixido a nenos de 4 a 14 anos. Celebrarase de 9 a 14h de luns a venres. A inscrición pode facerse ata o venres 30 de xuño, cun prezo de 140€ por neno, en www.campusdenissuarez.com
    Miguel Capón Sánchez, membro da organización do Campus, explicaba que a realización desta actividade partiu do propio Denis Suárez.
    7 min
  • Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo - Xornadas Terras de Sefarad e Expocidades
    No mes de setembro Tui volverá sumarse á celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía coa celebración dunhas xornadas con distintas ponencias. Así o confirmou o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, tras a participación o pasado venres en Bragança no congreso internacional Terras de Sefarad. Tui segue a traballar para integrarse na Rede de Xuderías de España, e o próximo mes de xullo recibirá a visita da súa presidenta. Amais tamén se programa a edición dun novo folleto dunha nova ruta sobre os sinais xudeus no conxunto histórico. Laureano Alonso tamén acudiu a Vila Real onde se celebrou Expocidades.
    13 min
  • Ent. Antonio Lomba, Alcalde da Guarda - Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira
    O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, deu conta na Radio Municpial de Tui dos pormenores da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, unha cita que terá lugar os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo no porto da Guarda. O venres o pregón correrá a cargo do Bruxo Queiman e Andrea Pousa e o domigo a programación cultural da festa incluirá unha noite do Fado da man de María do Ceo.
    6 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…