Este sábado, 17 de xuño, a Asociación de Amas de Casa de Tui vai celebrar os seus 25 anos dende a súa fundación o 11 de xuño de 1992. A celebración comezará ás 12.30h cunha misa na igrexa de San Francisco acompañada pola Coral do Centro Sociocomunitario de Tui, e logo xantar de confraternidade no Parador. Nolo contaron Rocío Gómez, presidenta, e Mª Victoria Méndez, tesoureira.