Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Carlos Lima do Betún - Programación 5 e 6 de maio
    Dobre proposta esta fin de semana na Asociación Cultural Betún. Hoxe ás 22h dendê CAdiz chegan Mystic Queen para presentar o seu novo álbum Seis Gritos Al Sol, no que fusionan Rock, Funk, Psicodelia e Jazz. E mañá sábado, tamén ás 22h, dende Granada chega unha noite de flamenco da man do dúo Diego Molina & Alberto Maezo. Os dous días a entrada é de 3€. Contonolo hoxe Carlos Lima.
    5 min
  • Ent. Miguel Capón Rey, concelleiro de Comercio - XXI Feira de Artesanía de Tui
    Mañá ás 12h será inaugurada a XXI Feira de Artesanía de Tui que se vai celebrar na rúa Ordóñez, Porta da Pía, praza do Concello e de San Fernando con 41 postos de exhibición e venda así coma da Residencia San Telmo, a Asociación Protectora de Animais Aloia, e SOS Tomiño Baixo Miño. Así apuntou o concelleiro de Comercio, Miguel Capón, quen apuntou tamén o interese de que en Tui se cree unha Asociación de Artesáns.
    5 min
  • Ent. Marina Carvalho de Celtas do Minho - Trilho da Fortaleza 7 de maio
    Este domingo 7 de maio celébrase o Trilho da Fortaleza dentro do circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade. Sairá ás 10 hora Española da Porta do Sol na Fortaleza para facer un percorrido polas murallas da Fortaleza de Valença, e rematará cunha degustación en Sabores da Aldeia para probar algúns dos pratos tradicionais portugueses. Marina Carvalho de Celtas do Minho deunos todos os detalles desta andaina para a que é preciso inscribirse. O prezo é de 5€ adultos, e 3€ os menores de 12 anos.
    3 min
  • Mañá reúnese en Tui a Xunta Local de Seguridade
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a subdelegada do goberno na provincia de Pontevedra, Ana Ortiz, presidirán mañá ás 9.30h a reunión da Xunta Local de Seguridade en Tui. Unha reunión de traballo á que asistirán tamén os máximos responsables da Policía Local, a Garda Civil, e a Policía Nacional. O obxectivo principal será como abordar o ocio nocturno. Así o explicou o alcalde, Enrique Cabaleiro.
    2 min
  • Ent. Jesús González López, xerente de Utingal - Visita do dtor do IGAPE
    O director xeral do IGAPE, Juan Cividanes, visita esta mañá a empresa Utingal no polígono de Areas. Ás 10.30h está prevista a súa chegada ás instalacións da empresa dedicada ao sector aeronáutico, coñecerá as súas instalacións, e lle serán presentados os proxecto a realizar na compañía, xunto a evolución do desenvolvemento da industria 4.0.
    O xerente de Utingal Jesús González López explicou esta mañá presentarán ao director do IGAPE os novos proxectos nos que traballan.
    8 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…