A praza de Fromista, no conxunto histórico de Tui, acolle mañá ás 22h a Víctor Coyote en concerto. O evento está organizado pola Asociación Cultural Betún coa colaboración da concellería de cultura de Tui e Estrella Galicia. A entrada é de balde.
Víctor Coyote estará acompañado de Ricardo Moreno, no que interpretarán sobre todo os temas do último disco De Pueblo e de Río.
Xa dende ás 20.30h haberá música e gastronomía coma hoxe nos contaron Fofi Dorario e Alejandro Lorenzo, quen sinalaron que agardan que os veciños da zona vella acudan tamén