Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Miguel Capón e José Ramón Magán, concelleiros - Atraccións nas festas de San Telmo
    O goberno local de Tui fai unha aposta de futuro na ubicación das atraccións durante as festas de San Telmo trasladándoas a un novo emprazamento, que dista 200 metros do actual, o que permitirá unha mellor ordenación dos distintos postos, así coma poder contar co aparcamento da traseira da Área Panorámica durante uns días de gran afluencia á cidade coma son os festexos patronais. A decisión obedece a distintos motivos que detallaba hoxe Miguel Capón, tenente alcalde, e José Ramón Magán, concelleiro de Seguridade.
    10 min
  • Ent. Alberto Fontenla - Cuarta xornada Enredos no Espazo Xove de Tui
    Este venres, ás 17:30h, cuarta xornada do programa Enredos no Espazo Xove de Tui. Esta semana, tratará sobre o liderado e traballo en equipo, explicarase a mozos e mozas cales son as destrezas e competencias necesarias para enfrontarse os retos actuais e tamén se resolverán dúbidas sobre todos os programas da dirección xeral de Xuventude.
    5 min
  • Ent. Jorge Cameselle - Que podemos facer na prevención do cancro
    Mañá mércores ás 20h a Sala Féliz Rodríguez da Área Panorámica acolle a charla “Que podemos facer na prevención do cancro”. Está organizada polo Concello de Tui e correrá a cargo do equipo de investigación sobre Quimioprevención do Cancro da área de Vigo. Jorge Cameselle é o director do grupo de investigación en Oncoloxía Clínica de ADICAM.
    12 min
  • Ent. Felicitas Iglesias - día Mundial do Parkinson
    Co obxectivo de dar a coñecer a Asociación Parkinson Baixo Miño e as actividades que organizan, co gallo do Día Mundial do Parkinson, a asociación celebra unha xornada festiva este sábado. Terá lugar ás 19h no Liceo Casino de Tui cunha charla sobre os beneficios do exercicio físico, a cargo da fisioterapeuta Nuria Peláez e a posterior actuación da agrupación musical Acordeóns Mascarenhas. Así mesmo, a asociación sorteará in cadro de Fina Sáa para o que está a vender rifas benéficas que lle permitan continuar coa súa actividade de apoio ás familias.
    7 min
  • Programación do Betún para esta fin de semana
    No Betún na rúa Cuenca de Tui hai dobre concerto esta fin de semana. Hoxe ás 22h actuará na Asociación Cultural Betún Javier Navas Quartet. O cuarteto liderado por Javier Navas achega un repertorio jazzístico auténtico e cheo de modernidade. A entrada é de 4€.
    Mentres mañá sábado, tamén ás 22h, actuará á Pequeña Gran Compañía. A entrada ten un prezo de 3€.
    6 min
  • Fernando Groba - III Encontro Minho-Galiza
    Este sábado celébrase o III Encontro Minho-Galiza, un debate sobre a música galego-portuguesa e das palabras que transporta para a interculturalidade e a identidade da lingua, organizado pola Universidade do Minho (Braga) co apoio do Concello de Tomiño, Xunta de Galicia, Radio Municipal de Tui e Radio Universitaria do Minho.
    9 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…