Máis de 80 postos de artesanía, antigüidades, produtos ecolóxicos, sobremesas, coiro, bixutería, segunda man... daranse cita este domingo no Paseo da Corredoira de Tui. Será na II Feira de San Carnaval que se celebrará de 10h a 21h organizada polo Concello de Tui coa colaboración de Ppartmin Creativas. Terá carácter solidario xa a recadación dalgunhas das actividades previstas serán para SOS Tomiño Baixo Miño e a protectora de animais de Tui Aloia.