Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Jam Session e música arxentina, esta fin de semana no Betún
    No Betún hoxe venres celebran a tradicional Jam Session de cada primeiro venres de mes que foi aprazada até esta noite. Boa música e improvisación total é a idea chave desta noite. Pola súa parte, tamén ás 22h pero mañá, a cantautora Miriam Sandoval interpretará a mellor música arxentina coa súa gran riqueza poética coincidindo co Bicenenario da Declaración de Independencia do país.
    4 min
  • Ent. Zaida Diz, enxeñeira mecánica - Campaña pola igualdade real
    A tudense Zaida Diz Méndez, enxeñeira mecánica que traballa na empresa Utingal, foi hoxe a nosa convidada na rolda de entrevistas da campaña "Pola igualdade real". Considera que é moi importante o papel da educación na igualdade de xénero, ao tempo que destacaba que se deberían apoiar políticas de incorporación da muller ao mundo laboral, facilitando a conciliación da vida laboral e familiar.
    17 min
  • Ent. Manuel Vázquez e José Ángel Paramos - Homenaxe a Tante
    O 19 de marzo, o Balenario de Caldelas acollerá un acto de homenaxe ao que fora director do IES San Paio de Tui, Constantino Fernández Rodríguez, Tanto, quen finou neste pasado mes de xaneiro. O acto terá lugar ás 18:00 horas e busca converterse nun evento de lembranza ao querido mestre, con música e baile para celebrar a súa figura.
    8 min
  • Conlaser pecha en Tui e obriga aos seus clientes a desprazarse a Portugal
    Un centenar de persoas viuse afectada polo peche repentino e sen explicacións dun establecemento de coidado e estética situado en Tui. Trátase de Conlaser, unha empresa con sede en León e que conta con centros en diferentes provincia españolas. Os afectados, que compraran bonos de depilación a longo prazo por adiantado, viron como dun día para outro o establecemento pechaba e se lles suxería que deberían completar o tratamento en Portugal.
    9 min
  • A terceira xornada do programa Enredos, este venres no Espazo Xove de Tui
    Este venres continúan as xornadas do programa Enredos no Espazo Xove de Tui. Esta terceira xornada está destinada ao asesoramento para a participación en programas xuvenís. e nomeadamente no Iniciativa Xove da dirección xeral de Xuventude. Neste programa, facilítase a posibilidade de subvención do 100% de proxectos presentados por asociacións e grupos informais.
    10 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…