Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Alberto Romer - Mercado de Artesanía
    Este xoves celebrase na Praza de San Fernando, en Tui, un mercado de artesanía e gastronomía no que ademais vaise realizar unha gran recollida de alimentos para SOS Tomiño – Baixo Miño. Entre os mestres artesáns presentes, atópase, Alberto Romer cunha mostra de muíños.
    4 min
  • Ent. Miguel Capón - Alternativa Tudense - Actualidade Municipal
    Hoxe, na rolda de conversas cos voceiros dos partidos políticos representados no Concello de Tui, pasou pola Radio Municipal de Tui o voceiro de alternativa tudense, Miguel Capón.
    O concelleiro da Eurocidade aseguro que as dúas consellerías de Altenartiva Tudense, Eurocidade e Comercio e Cultura, están a realizar un traballo de continuidade ao feito en anos anteriores. Entre os grandes obxectivos desta lexislatura está o de lograr que a Eurocidade Tui – Valença obteña personalidade xurídica e un gabinete propio.
    14 min
  • Ent. Juan Carlos Blanco e Susi Pérez - Mercadillo de Nadal
    O Nadal chegará a Tui mañá co Mercadiño de Nadal de comercio e artesanía. Este ano cambia de ubicación cara ao paseo da Corredoira onde se instalarán 60 postos. Por primeira vez participará BANTA que presentará e venderá o seu calendario para o 2017 ademais de recoller tapóns. E os máis cativos contarán coa presenza dun Papá Noel.
    7 min
  • Ent. Jorge Aldir - Programación do Betún para esta fin de semana
    Na A.C. Betún arrancan o venres a partires das 22:00 horas con jam session, a reunión musical mensual de músicos onde desfrutar da improvisación e a comunicación musical. Xa o sábado ás 22h, será a quenda de Javi Pelón, que ofrecerá unha viaxe nos vinilos a través do mellor funk, indie, rock e soul do derradeiro século. As dúas xornadas a entrada é de balde.
    3 min
  • Ent. Antonio Fernández Rocha - Actualidade municipal
    Na ronda de entrevistas que comezamos esta semana cos voceiros da oposición en Tui, hoxe foi a quenda do voceiro do Partido Popular, Antonio Fernández Rocha. Aínda que dixo comprender a dificultade do goberno tudense ao non contar con maioría absoluta, lamentou o que considera falta de inversións no Concello e ofreceu a man tendida do seu grupo ao goberno municipal para aprobar novos proxectos.
    21 min
  • Ent. Carlos Vázquez Padín de C21 - Actualidade política municipal
    Hoxe abrimos rolda de conversas cos grupos políticos da oposición. En concreto esta mañá con Carlos Vázquez Padín de C21, quen no balance do ano e medio deste goberno non se amosou satisfeito do realizado ata o momento polo goberno municipal, amosouse arrepentido do apoio dado polo seu grupo na investidura de forma incondicional.
    En canto aos proxectos irrenunciables para él de cara a 2017 citaba a apertura da rúa Ourense, pero tamén os vinculados a potenciar os recursos turísticos da cidade
    20 min
  • Ent. Hernando Freiría Lorenzo, pte de OSílice - Charla-Coloquio
    O auditorio da casa cultural de Atios, no Porriño, acolle este venres ás 19.30h unha charla coloquio organizada pola Asociación Galega de Afectados de Silicose “OSilice”. Correrá cargo do doutor José María Borro Mate. Tamén estará un bufete de avogados de Vigo que dará conta da parte xurídica que afecta aos traballadores que sofren enfermidades profesionais, neste caso a silicose e as súas situación sociolaborais.
    11 min
  • Ent. Felicitas Iglesias da Asociación Párkinson Baixo Miño -Proxección película
    A Asociación de Parkinson do Baixo Miño proxecta este xoves, 1 de decembro, ás 19h na Sala Félix Rodríguez a película "El último concerto" de Yaron Zilberman. Ao remate haberá un coloquio moderado por Teresa Domínguez, directora do CRA. Así o explicou Felicitas Iglesias que tamén deu conta de que hai prazas vacantes para as actividades de Estimulación Cognitiva que realizan os luns de 10h a 11.30h e de Psicoloxía e Fisioterapia que realizan os venres de 10 a 12h na Área Panorámica.
    6 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…