Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Suso Vila, historiador - Visita guiada Cemiterios e Cárceres
    O próximo luns 31 de outubro haberá unha visita guiada denominada Cemiterios e Cárceres, coma véspera do día de Todos os Santos, dentro das visitas guiadas gratuítas que ofrece o concello de Tui. Estes percorridos mudarán de horario dende o 1 de novembro realizándose de martes a venres ás 12h polo Tui xudeu e ás 18h polo Tui medieval, e os sábados e domingos ás 13h polo Tui xudeu e ás 19h por Santo Domingo. O punto de saída é a Praza da Inmaculada.
    10 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Coordinador forzas de seguridade, zona azul, centro de saúde
    O Concello de Tui buscará un contacto permanente coas forzas de seguridade presente en Tui para establecer protocolos de actuación en distintos ámbitos. Así o expuxo o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, tras a reunión que celebrou onte con efectivos da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local. Tamén se referiu a outras cuestións coma o tráfico, a zona azul...
    22 min
  • Ent. María José Faraldo |Campaña de vacinación contra a gripe
    Hoxe o Sergas iniciou a campaña que baixo o lema “Recorda, para a gripe temos vacina”, estará en marcha durante 9 semanas. Na nosa provincia haberá arredor de 250 puntos de vacinación –uns 150 na área de Vigo-, repartidos entre centros de saúde e consultorios, centros hospitalarios, residencias e centros para a terceira idade, etc.
    A Xefa do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas, María José Faraldo, lembrou esta mañá nesta sintonía da necesidade de vacinarse tódolos anos nos grupos de risco porque o virus pode mudar e a vacina ten unha duración corta no tempo. De feito, este ano o virus mudou con respecto ao ano pasado polo que é aínda máis recomendable a vacinación.
    13 min
  • Ent.José Ramón Magán, concelleiro de Seguridade - Zona Azul
    Un centenar de prazas das rúas Augusto González Besada, Foxo, Rosa Bahamonde, Travesía Foxo e Calvo Sotel volverá a ser de estacionamento gratuíto limitado no tempo dende o 1 de novembro ao implantarse de novo a zona azul.
    Os condutores que estacionen nestas rúas deberán colocar o reloxo indicativo coa hora de chegada, que poderán obter na tesourería na casa do concello por 0,60€, sendo tamén válido o reloxo de calquera outra zona azul.
    Así o explicou o concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán
    12 min
  • Ent. Chisco Casteleiro - Galitoon presenta “Güela-Güela” en Tui
    Mañá sábado a cita será para o público infantil e familiar nun espectáculo con música, humor, diversión.... Galitoon presenta “Güela-Güela” para público a partir dos dous anos. A obra achéganos con diversión, humor e música as aventuras de Willy, unha pequena cegoña, na súa viaxe por levar a un bebé ata os seus pais. Ten ademais un dobre obxectivo, entreter pero tamén ensinar.
    5 min
  • Ent. Fernando Ferreira - Comeza a temporada do meixón
    Mañá sábado abre novamente a temporada do meixón para os pescadores do Miño, que este ano se adianta con respecto a temporadas pasadas. O presidente da Asociación de Pescadores do Miño, Fernando Ferreira, apuntaba esta mañá na RMT que as previsións non son boas e rexeita o adianto.
    9 min
  • Ent. Reme Carrera | Presentación do filme Anriquito en Goián
    Veciños de Goián, baixo o Grupo San Roquiño, presentan esta fin de semana a súa nova película. Anriquito, a historia de amor dunha parella de Goián inspirada nos anos 50, é a terceira longametraxe destes veciños. O proxecto comezou fai un ano e dende entón, os veciños participantes sacaron tempo libre para poder gravar as escenas que compoñen o filme.
    7 min
  • Ent. José Martínez Tato - Andaina Viveiro Forestal, pintado mural, lixo
    José Martínez Tato estivo hoxe nos nosos estudos coma membro do club AndaTui para falarnos da andaina do Viveiro Forestal que se celebra este domingo dentro do circuíto de andainas da Eurocidade. E amais coma concelleiro deu conta da próxima convocatoria de novo do concurso de pintado mural para as pontes de Randufe e Magnolia, amosándose satisfeito do resultado da das Bornetas. Tamén falou da recollida do lixo e da necesidade de implicación da poboación na reciclaxe.
    12 min
  • Ent. Fefa Noia - Directora do CDG - Representación de Tartufo
    Este venres, o Teatro Municipal de Tui acolle a presentación da xira do Centro Dramático Galego coa súa última montaxe, “Tartufo”. Trátase dunha revisión da obra escrita por Moliére no século XVII e dirixida agora por Carles Alfaro.
    Os dez actores subirán ao escenario para representar unha comedia que non soamente cumpre a función de divertir aos espectadores, senón que posibilita unha segunda lectura sobre o que pode chegar a suceder cando un farsante se interpón entre o poder e quen o posúe co obxectivo de satisfacer os seus intereses persoais.
    8 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…