Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Charo Tabales - Festas do Pilar e a Romancha do Cabaqueiro
    O Rosal celebra mañá as Festas do Pilar e máis a XXIX edición da Romancha do Cabaqueiro, onde se pon en valor e se rememora o vello oficio dos cabaqueiros rosaleiros. Pero antes, hoxe mesmo, o Concello organiza un obradoiro de creación de tellas con torno na Praza do Calvario onde se instalou unha carpa por mor da chuvia. Está destinado para que os mais cativos vivan o oficio dos seus maiores. A chuvia non afecta aos obradoiros, pero si afecta a outros festexos programados. Cancélase a actuación da orquestra Marimba prevista para esta noite e o grupo de folk “Tanto Nos Ten” actuará no auditorio municipal.
    Mañá mércores, a partires das 17:30, terá lugar o pregón a cargo de Serafín Dorado e durante todo o día produciranse exhibicións de oficios artesanais baixo a carpa da Praza do Calvario. Amais, o concello ten en marcha e de forma paralela dúas exposicións, unha de debuxos e pintura e outra titulada “enerxía, auga e máquinas”.
    8 min
  • Ent. Rafa Álvarez e Xosé M. Regueiro - Día Mundial da Saúde Mental
    Máis de 41.500 persoas en toda Galicia sofren dunha enfermidade mental, realidade na que hoxe poñemos o aceno co gallo do Día Mundial da Saúde Mental. A asociación Avelaíña, con sede na Guarda e Baiona, organiza para hoxe, baixo o lema “Son coma ti pese a que aínda non o saibas”, unha xornada informativa en Ponteareas.
    A desinformación e a falta de coñecemento sobre os trastornos mentais produce que en moitas ocasións a sociedade non comprenda, estigmatice, discrimine e rexeite ás persoas que teñen este tipo de problemas de saúde.
    21 min
  • Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo e Belén Guisande - I Feira Magosto popular Solidario
    O próximo mércores, 12 de outubro, o Paseo da Corredoira, acollerá a I Feira Magosto Popular Solidario organizado polo Concello de Tui coa colaboración de PPartmin Creativas. Antigüidades, artesanía, produtos ecolóxicos, gastronomía... serán algúns dos produtos que atoparemos xunto a un amplo programa de actividades paralelas dos que nos falaron o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, e Belén Guisande de PPartmin.
    9 min
  • Ent. Luis Cebrián - Xeneral da Brilat - Premio Azor a Tui e 50 aniversario
    Este domingo o Concello de Tui recibirá o premio AZOR 2016 pola súa defensa dos valores das Forzas Armadas e especialmente da Brilat. Será nunha cerimonia oficial na Alameda de Pontevedra onde o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibirá o galardón persoalmente. Un premio que o Xeneral da Brilat, Luis Cebrián, xustificaba ao ser, nas súas palabras a cidade, xunto con Pontevedra, coa que este corpo do exército se sinte máis próximo.
    5 min
  • Ent. Gemma Marqués | Novos cursos de arte na Guarda
    Os cursos de arte volven á Guarda da man de Gemma Marqué. Impartiranse dous cursos, un de carácter teórico titulado “Mulleres, artistas por descubrir”, no que os asistentes poderán coñecer a vida e obra de creadoras de tódolos tempos , e outro práctico de “Métodos de debuxo e pintura”. Serán na casa taller situada no porto guardés.
    8 min
  • Ent. Liliya Pobornikova |Simposio Internacional de Escultura do Miño
    Dende o pasado 23 de setembro catro artistas internacionais están a traballar en Cerveira para dar forma a catro esculturas de 2 metros de altura. A búlgara afincada no Baixo Miño, Liliya Pobornikova, xunto co colombiano Fernando Pinto e os taiwaneses Lee Zih-Cing e Teng Shan-Chi, son os artistas que crearán as pezas escultóricas en marmol portugués. Unhas pezas das que nos da conta Pobornikova.
    10 min
  • Ent. Joaquín Troncoso, vicepte e Víctor Manuel Seves, secretario da Asociación Arume de Malvas -III Andaina de Malvas
    Este sábado ás 17h celébrase a III Andaina organizada pola Asociación Arume de Malvas cun percorrido pola ribeira do río Furnia, nas parroquias de Pexegueiro e Malvas. A saída será do torreiro de festas e a duración aproximada é dunha hora de dificultade doada. Ao remate, ofrecerase unha merenda tradicional composto por un bocadillo, castañas, sopas de burro cansado e viño. Todo amenizado por un concerto da Banda de Gaitas Arume de Malvas. O prezo é de 3€ máis 1€ de donativo para SOS Tomiño Baixo Miño. A inscrición pode facerse no teléfono 655 60 27 87 ou no email [email protected].
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…