Este sábado, 30 de abril, celébrase a II Xuntanza Benéfica Virxe do Camiño en Rebordáns organizada pola Comisión de Festas coa colaboración do motoclub Os de Sempre, o Banco de Tapóns do Baixo Miño e SOS Tomiño-Baixo Miño. Julio Araujo Alfaya, responsable da organización, e José Quinteiro, presidente de SOS Tomiño-Baixo Miño, déronnos todos os detalles desta actividade na que haberá rutas en motas, xogos, concertos, gastronomía, e tamén recollida de tapóns, alimentos e roupa.