Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Accidente ferroviario no Porriño con ao menos 3 mortos
    Tres mortos e varios feridos é o balance polo momento do accidente ferroviario rexistrado esta mañá no Porriño no tren que facía a liña Vigo-Porto. O noso compañeiro Ángel Vila cóntanos a situación dende as inmediacións da Estación do Tren. Restriccións no tráfico na vila do Louro para facilitar os labores dos servizos de emerxencia.
    5 min
  • Ent. María Jesús Bendaña - Curso "Mocidade Creativa"
    O Espazo Xove de Tui acollerá a finais deste mes setembro a actividade “Mocidade creativa: imaxina o teu futuro, crea o teu presente”. Vai dirixida a mozos de 16 a 35 anos. Celebrarase o 21, 23, 28 e 30 de setembro de 17 a 20h no propio Espazo Xove. María Jesús Bendaña explicounos hoxe en qué consiste esta proposta. As persoas interesadas poden inscribirse no Espazo Xovena rúa Sanz de Tui no 886 11 07 97 ou no correo [email protected].
    14 min
  • Ent. David Morais e Marina Cruces - Judo Club Tudense
    O Judo Club Tudense inicia esta semana a nova temporada. A segunda tras a súa función hai un ano. O seu presidente, David Morais, fixo hoxe balance positivo do primeiro ano que no tiveron 148 licencias en todo o municipio.
    A temporada comézana no Centro Interfederado de Tui e este ano tamén con escolas en Salceda dende o próximo martes
    Por outra parte cinco deportistas do Judo Club Tudense competirán esta fin en Salamanca noun Open internacional de veteranos. Serán na categoría feminina Carmen María González Ramos e Marina Cruces García e na masculina Avelino Martínez Pérez, José Ramón Solla Prieto e Luis Eduardo Ruiz Flores. Marina Cruces explicou coma afrontan esta competición.
    11 min
  • Ent. Felicita Iglesias - Actividades da Asoc. de Parkinson do Baixo Miño
    A Asociación de Parkinson do Baixo Miño organiza tres actividades para esta nova temporada que comezarán nas próximas semana. O prazo de inscrición está aberto ata o 16 deste mes no 664 751 463 ou no 690 006 266 segundo nos explicou Felicita Iglesias, membro da asociación.
    A primeira actividade en comenzar será “Estimulación cognitiva” o 19. Ao día seguinte iniciarase con carácter gratuíto, a actividade de Risoterapia. E por último o 21 de outubro comezará “Psicoloxía e fisioterapia”.
    13 min
  • Ent. Laureno Alonso, Marcos Sánchez, Gabriel Pereira - Datos Turismo e O Churrasquiño
    O concelleiro de Turismo de Tui, Laureano Alonso, amosou a súa satisfacción polo bos datos turísticos do mes de agosto na cidade con 16 mil persoas que demandaron información na oficina de turismo e no punto de información turística. Deu conta amais coma responsable de Deportes da actividades previstas este venres no parque do Penedo e no entorno do Centro Interfederado dentro de "O Churrasquiño" con skate, bmx, flyboard, concertos... Unha actividade da que tamén nos falaron Marcos Sánchez, organizador, e Gabriel Pereia de Flyboard Vigo.
    21 min
  • Ent. Javier González - Minho Reggae
    Hoxe venres e sábado chega a 7ª edición do Minho Reggae Splash en Goián. Este ano o recinto de concertos estará situado a poucos metros do espazo Fortaleza, ao carón do río, con praia fluvial, zona de descanso e aparcadoiro para facilitar ao máximo esta cita festivaleira.
    O prezo completo para acceder a tódolos concertos, obradoiros e acampada é de 25 euros ma compra anticipada e 29 no mesmo día do festival. O custe para soamente un dos días é de 15€. Os concertos estarán protagonizandos por músicos chegados de Reino Unido, Brasil, Francia, Portugal e España. Clásicos coma o xamaicanos Vivian Jones ou bandas emerxentes como os vigueses High Paw.
    4 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…