Este domingo celébrase no Paseo da Corredoira o Festival do Meixón organizado polo Concello coa colaboración de diferentes restaurantes da cidade. O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, explicou que dende o Concello foron receptivos ao interese na celebración deste evento gastronómico por parte dos restauradores locais.
Na carpa instalada neste céntrico paseo os cociñeiros de varios restaurante locais serán os encargados de preparar as 500 racións deste produto, servidas en cazola de barro e acompañadas de pan e viño albariño. O prezo da ración é de 40€.