Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Manuela Varela, contacontos | O gato con contos
    Hoxe martes, ás 17.30 h, dentro da programación do “Mes da Biblioteca” Manuela contacontos achega á Biblioteca Municipal de Tui o espectáculo “O gato con contos” .
    Trátase dunha montaxe de narración oral na que se contan as aventuras e desventuras de varios gatos que pouco a pouco van descubrindo as súas capacidades e limitacións, aprendendo a aceptarse a si mesmos tal e como son. Deunos todos os detalles hoxe, Manuela Varela, encargada deste contacontos.
    A entrada é libre e gratuita.
    4 min
  • Espazo Comercio | María Lamas, de Dequip Tui
    María Lamas cumpre unha década á fronte da tenda de deportes Dequip Tui. E para celebrar esta década, este venres e sábado a clientela poderá desfrutar dun 30% de desconto en todos os productos. Amais, tamén poderán participar no sorteo de 3 packs de diferentes productos, que se realizará o 1 de decembro.
    Con María Lamas conversamos hoxe, no Espazo Comercio que realizamos en colaboración con ACITUI, sobre este aniversario, do paso destes dez anos e dos vindeiros obxectivos do establecemento.
    6 min
  • Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | "Perfect Days" de Wim Wenders
    O Cineclub Tui continúa coa súa retrospectiva dedicada ao cineasta alemán Wim Wenders. Hoxe martes proxectarán "Perfect Days" no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela ás 18.30 h e 20.45 h. Conversamos sobre este filme con Noemí Guisande, do Cineclub Tui.
    A entrada ten un prezo de 2 euros para persoas socias e menores de 18 anos e de 4.50 euros para público xeral.
    5 min
  • Ent. Carlota González, remeira e Manuel Ángel González, presidente do Club Remo do Miño | Remo de mar
    Manuel Ángel González, presidente do Club Remo do Miño, e Carlota González, remeira do Club, estiveron hoxe na Radio Municipal de Tui para falar do club, desta temporada, e dos próximos retos.
    Carlota González cualifica esta temporada de 2025 coma a mellor até o momento da súa traxectoria coma deportista. Manuel Ángel González falaba do momento que vive o club, de próximas citas coma a Regata Miño Internacional en xaneiro que volverá a formar parte da Federación Internacional, e convidaba a coñecer o deporte do remo.
    16 min
  • Ent. Gabriel Fandi e Alejandra Pais, cantantes | La verbena
    Dende hoxe pódese escoitar en todas as plataformas o tema "La verbena", no que o cantante tomiñés Gabriel Fandi une a súa voz a Alejandra Pais, da orquesta Os Satélites, nunha nova colaboración entre a agrupación e o artista. Trátase dun tema que ten como tema o desamor pero que está cheo de ritmo. Así nolo contaron hoxe os seus intérpretes.
    8 min
  • Ent. Juana Parada, xerente de ORPAGU| Valoración Conxemar e novos proxectos
    Hai case tres anos que a Organización de Palangreiros Guardeses, ORPAGU, abriu a súa planta en Tui, un espazo que hoxe está en reformas para ser ampliado. Coa xerente de ORPAGU, Juana Parada, conversamos hoxe sobre os retos da planta, das innovacións e investigación e nos productos e de como viviu a feira Conxemar á que acudiron a semana pasada no IFEVI de Vigo.
    16 min
  • Ent. Natalia Jorge e Carmen Álvarez | Andaina "A Carmela muiñeira"
    Este domingo poderemos coñecer a historia de Carmela Muiñeira, en Sobrada, enTomiño, a través da andaina "A Carmela muiñeira". Partirá dende a Cultural de Sobrada ás 16.30 horas e correrá a cargo da historiadora Natalia Jorge. Hoxe ela deunos todos os detalles desta actividade e coñecemos máis da historia de Carmela coa súa neta Carmen Álvarez.
    **Por problemas técnicos non é posible escoitar a parte final desta entrevista.
    10 min
  • Ent. Gustavo del Río, director de Naúfragos Teatro | Bule Bule
    Mañá venres, ás 19 h no Teatro Municipal de Tui Os Naúfragos Teatro representarán “Bulebule”. O espectáculo fala da igualdade destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións e tamén aborda a diversidade e o TDAH. Con Gustavo del Río, director do espectáculo falabamos hoxe desta obra.
    As entradas están á venda en tui.gal, até 10 minutos antes do inicio da función, aos prezo de 4€ e 3€.
    6 min
  • Ent. Nico Montes, director territorial de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia | Proba piloto no Miño
    A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia iniciou a proba piloto de eliminación da especie invasora Egeria densa na praia de Areeiros na parroquia de Gurillarei.
    Unha proba que está sendo executada pola pola empresa pública TRAGSA baixo a dirección técnica da Consellería. Nico Montes, director territorial de Medio Ambiente e Cambio Climátco da Xunta de Galicia expicaba en que está consistindo esta actuacióin no Treito Internacional do Río Miño que rematará a vindeira semana.
    8 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…