A actriz coruñesa Isabel Garrido é unha das catro persoas mozas referentes na creación de contidos dixitais, da interpretación, do deporte e da moda que este sábado, ás 12.00 horas na Alameda de San Domingos, vai participar nos Encontros Inspiradores do Festival Boas Vibes.
A intérprete compartirá a súa experiencia tras traballar en series como Élite, El Jardinero, El desorden que dejas ou Acacias 38, ademais de películas e obras de teatro. Así nolo contou hoxe.