Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Noel Claro e Marcos Casaleiro | Festa do Carballo
    A parroquia tomiñesa de Vilameán celebra este sábado a XXXIV Festa do Carballo. Unha celebración que se desenvolverá ao longo de toda a xornada e na que non faltará a animación musical, as actividades infantís e a degustación das castañas.
    Coñecemos todos os detalles deste festexo, no que terán 200 quilos de castañas para degustar, con Noel Claro, un dos organizadores desta cita, e Marcos Casaleiro.
    6 min
  • Ent. Marcos Mata, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría e Informática de Galicia | Actividade control parental
    A Aula CEMIT de Tui acolle este sábado. de 11.30 a 13.30 horas, a actividade de control parental “Tecnoloxía, infancia e xuventude: ferramentas para familias”. Unha iniciativa organizada por Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñaría e Informática de Galicia. Na actividade abordarase dos riscos dun mal uso da tecnoloxía e da necesidade de educar e fomentar dende o exemplo.
    Marcos Mata, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría e Informática de Galicia deunos hoxe todos os detalles desta actividade.
    Aínda quedan prazas dispoñibles e a inscrición pode realizarse até o venres ás 14.00 horas en cemit.xunta.gal
    13 min
  • Ent. Mónica Gundín, coordinadora do YAM na provincia de Pontevedra | Proxecto YAM
    O IES San Paio de Tui é dun dos 173 institutos de ensino secundario de Galicia que participa no proxecto YAM. Trátase dunha iniciativa que ten por obxecto previr a conduta suicida entre a poboación adolescente ao tempo que promove a súa saúde mental.
    Hoxe coñecemos con Mónica Gundín, coordinadora do YAM na provincia de Pontevedra, os obxectivos deste proxecto, como se desenvolve e a acollida que está a ter entre a mocidade.
    6 min
  • Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui e Iago Ramilo, integrante de Kritis | Concerto de Kritis
    Este sábado, ás 18.00 h a sede da Escola da Banda de Música Popular de Tui en Guillarei acolle o concerto de apertura de curso. Correrá a cargo do cuarteto de saxos, Kritis, formado por Juan Manuel Cao, Jorge Martínez, Chus López e Iago Ramilo. Con este último e con Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui, coñecemos como vai ser este evento musical.
    7 min
  • Espazo Comercio | Hortensia Rodríguez, da floraría La Flor
    No tempo do Espazo Comercio, que realizamos en colaboración con ACITUI, hoxe recibimos a Hortensia Rodríguez, de La Flor. Ante a proximidade da celebración do Día de Santos, afrontan semanas cunha gran carga de traballo, como explicaba, e daba conta tamén das flores máis demandas, e da importancia de realizar os encargos con antelación.
    8 min
  • Ent. José Manuel Díez, de Artes Creativas Efectos | X Pinta Tui
    O Concuso de Pintura Pinta Tui vai celebrar a súa décima edición o domingo 26 deste mes.
    José Diez, de Artes Creativas Efectos, organizado do evento, hoxe explicaba as distintas categorías nas que se pode participar e como se vai a desenvolver esta cita xa consolidada no municipio.
    A inscrición pode facerse até o día anterior. As bases completas poden consultarse en tui.gal.
    8 min
  • Ent. Alfonso Fontela, escritor | La metáfora de las canicas
    O tudense Alfonso Fontela vai presentar este sábado, ás 19.00 horas, na Sala Félix Rodríguez, a súa primeira novela “La metáfora de las canicas”. Un acto que se enmarca dentro das actividades programadas no Mes da Biblioteca.
    O autor desta novela, gris, como el mesmo a describe, explicounos hoxe como xurdiu a idea desta historia e que nos poderemos atopar nas súas páxinas.
    12 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…