Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,129 episodes available.
April 09, 2025Ent. Ángel Sánchez, codirector do Play-Doc | RetrospectivasO festival Play Doc, que se celebrará do 7 ao 11 de maio, ofrecerá este ano a primeira retrospectiva española dedicada ao cineasta estadounidense Michael Roemer e o recoñecemento ao labor da Film Heritage Foundation na preservación do cinema indio rexional. Hoxe, co codirector do festival tudense, Ángel Sánchez, coñecemos máis detalles....more5minPlay
April 09, 2025Ent. Pepe Míguez, presidente de ACITUI | Sorteo da Campaña do Día do PaiDo 1 ao 19 de marzo ACITUI desenvolveu a Campaña do Día do Pai. Hoxe no programa Día a Día realizouse o sorteo de 2 vales de 20 euros entre as 914 papeletas das 1.000 repartidas polos 34 comercios locais que participaron na iniciativa....more4minPlay
April 09, 2025Ent. Manuel Vázquez de la Cruz e María Teresa Vázquez de la Cruz | Premios Cidade de Tui 2025Manuel e María Teresa 'Marita' Vázquez de la Cruz recibirán o próximo sábado, 19 de abril, o Premio Cidade de Tui na categoría individual ex aequo. O Concello de Tui entregará os galardóns nunha gala que se celebrará no Teatro Municipal ás 18.30 h. Hoxe contaron na Radio Municipal de Tui que supón para eles este recoñecemento....more19minPlay
April 08, 2025Ent. Pepe Míguez de Concepto By Persa Cociñas | Espazo ComercioHoxe no Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI, recibimos a Pepe Míguez, de Concepto By Persa Cociñas. Conversamos con el sobre o proxecto de estudo e tenda de cociña, promocións actuais no establecemento e tamén dos seus plans de futuro....more7minPlay
April 08, 2025Ent. Marcos Casaleiro, asesor de clientes e Javier Suárez, promotor agropecuario de Mapfre| Charla Seguros AgrariosEste xoves día 10 o salón de plenos do Concello de Tomiño acollerá a charla "Seguros agrarios. Protección esencial para a agricultura do Baixo Miño", organizada por Acubam en colaboración con Mapfre. Será ás 17.00 horas con entrada libre. A cargo da ponencia estará Javier Suárez, promotor agropecuario de Galicia de Mapfre, acompañado de Marcos Casaleiro, asesor de clientes da zona de Mapfre. Ambos explicáronnos hoxe por que é importante esta actividade....more6minPlay
April 07, 2025Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui | Campamento Igual É +O Concello de Tui volve ofertar este verán o Campamento Igual É +, con catro quendas nos meses de xullo e agosto para nenos e nenas de 3 a 12 anos. O prazo de solicitude abre este 30 de abril ate o 14 de maio. Hoxe, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, deu conta de todos os detalles....more5minPlay
April 07, 2025Ent. Carolina Figueroa, do Club de Patinaxe Artístico Ribex | Campionato de España 2025Esta fin de semana, do 12 e 13 de abril, o Club de Patinaxe Artístico Ribex participa no Campionato de España que se celebra en Reus, despois de ser campión galego en Show Grande. Hoxe a adestradora de Ribex, Carolina Figueroa, contounos como afrontan esta destacada cita no seu calendario....more4minPlay
April 07, 2025Ent. Noemí Guisande, Cineclub Tui | Proxección "Top Secret!"O Cineclub Tui homenaxea mañá martes ao actor Val Kilmer, recentemente falecido, coa proxección da película "Top Secret!". Será cunha única sesión, ás 20.45 horas no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. O prezo é de 4,5 € para público xeral e 2 € para persoas socias. Así nolo explicou Noemí Guisande, do Cineclub Tui....more4minPlay
April 04, 2025Ent. Mónica Pérez Pazo, enfermeira especialista en Hemodinámica | Operación pioneira válvula mitralA enfermeira tudense Mónica Pérez Pazo, especialista en Hermodinámica, forma parte do equipo que hai un mes levou a cabo unha operación pioneira a nivel internacional. Foron os primeiros en implantar, por vez primeira no mundo, un novo dispositivo para reparar a válvula mitral do corazón dun paciente de 77 anos. Conversamos con ela sobre este fito médico....more11minPlay
April 04, 2025Ent. Hugo Lage, de Buguina Turismo | Tui de CineDende a Praza da Inmaculada de Tui partirá mañá sábado ás 21.00 horas a visita guiada "Tui de Cine", organizada por Buguina Turismo para coñecer e pór en valor o patrimonio audiovisual da localidade.Con Hugo Lage, de Buguina Turismo falamos sobre este paseo guiado polos vellos cinemas, festivais audiovisuais e lugares onde se gravou máis dunha ducia de filmes e series de televisión....more7minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,129 episodes available.