Recibimos a Mamen Quintas e Cris Iglesias, produtora e actriz do filme 'Tratamos demasiado bien a las mujeres', que chega aos cines apoiada pola CRTVG. A película conta cun elenco coral que encabezan Carmen Machi e Antonio de la Torre e discorre practicamente nunha única localización: a Escola Unitaria de San Simón da Costa, en Vilalba.
Afonso Becerra tráenos unha adaptación de Teatro da Ramboia: 'O meu mundo non é deste reino'. Trátase dunha parábola teatral que, a través dos mecanismos festivos da farsa, lévanos aos camiños máis escuros da Ditadura franquista.