A Organización Internacional do Libro Xuvenil marcou o 2 de abril - co gallo do nacemento de Hans Christian Andersen -como o Día do Libro Infantil. Un día para falar de contos, novelas, poesía ou teatro para a cativada. Facémolo con Monste Pena, profesora da USC e investigadora especializada en Literatura Infantil e Xuvenil; e David Cortizo, presidente de Galix. Con elas afondamos nas reivindacións do sector, nos datos, no ensino, na corrección de textos clásicos... e recomendan algunha lectura ben interesante!
Outra recomendación ben da man da nosa experta Dolores Vilavedra, que hoxe nos fai unha pequeña reseña de 'Ubasute', unha obra de Paula Carballeira editada por Galaxia.