Conversamos coa cineasta Sonia Méndez sobre Luz Fandiño, falecida o pasado domingo. Referente do feminismo, muller loitadora, comunista, pobre e comprometida coas causas xustas e con Galicia.
Por outra banda, celebramos o Día Internacional da Danza recibindo a Jaime Pablo, coreógrafo e director de Nova Galega de Danza; e mais a Julia Laport, que fai danza urbana e contemporánea.
Ademais, Emilio Españadero avánzanos ao grupo que estará esta semana en Lume na Palleira: Brúa, que presentan o seu primeiro disco homónimo.