El Muelle 1931 é unha nova tenda de vinilos, cassettes e publicacións en papel que podemos atopar no número 57 da Rúa de San Pedro en Compostela. Pablo Iglesias e Lorena Durán son os responsables desta tenda que aposta pola cultura, pola arte, o underground, a ilustración e os fanzines e tamén por converter o espazo nun lugar de encontro e intercambio cultural que presta atención especial á produción local e a contemporaneidade. Vituco achegouse ata a a tenda a falar con Pablo e con Lorena e isto foi o que lle contaron.
Emilio Españadero tráenos un evento que nos leva ata Vigo. O Festifolc 2023 organizado pola Sociedade Cultural Deportiva Atlántida de Matamá celébrase esta fin de semana cunha programación na que aparecen grupos como Sete Cuncas, Noitarega ou Os Escaravellos.