Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultura... more
FAQs about Diario cultural | Tarde:How many episodes does Diario cultural | Tarde have?The podcast currently has 395 episodes available.
December 27, 2024Diario cultural 27-12-2024O artista muradán 9Louro preséntanos o seu primeiro disco, 'Nove noves'., no que explora diferentes camiños de expresión musical dentro das músicas urbanas.Eva Mejuto selecciona lecturas para todas as idades deste 2024: álbums ilustrados, novela, poesía, teatro, BD, traducións......more31minPlay
December 26, 2024Diario Cultural 26-12-2024Coñecemos a Furgoteca, un servizo público de biblioteca móbil que percorre 20 concellos das provincias de Lugo e Ourense.Tito Lesende escolle cinco momentos musicias significativos do ano que remata....more31minPlay
December 24, 2024Diario cultural 24-12-2024“Para que unha tradición siga viva ten que ser do pobo”. Conversamos de panxoliñas con varios músicos galegos: do tradi ao rock pasando polos clásicos angloxasóns.Mónica Maneiro comenta a exposición sobre Irving Penn organizada pola Fundación Marta Ortega Pérez (Fundación MOP) no porto da Coruña...more31minPlay
December 23, 2024Diario cultural 23-12-2024Tres Pesos (Pepe de Calo, Xoán Porto e Felisa Segade) tocan e cantan no Diario Cultural pezas do seu disco novo ‘Cantares e contares’.Chelo Loureiro e Ana Vallés, distinguidas polo Goberno coa Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes...more31minPlay
December 20, 2024Diario cultural 20-12-2024Repasamos concertos de Nadal de diferentes xéneros: do 'Wonder Christmas' dos rockeiros vigueses á xira de Nadal de Carlos Núñez ou 'O segredo de Joseph Haydn', unha proposta de Fisión Atlántica que une os cuartetos de Haydn coas danzas de Reis de Guláns, a prosa de Suso de Toro e as ilustracións de Xosé Cobas.Eva Mejuto traénos lecturas musicais: un 'Cantacontos de Nadal' e a novela xuvenil 'Agora que vén a noite' de Marcos Calveiro....more31minPlay
December 18, 2024Diario cultural 18-12-2024Conversamos co escritor Alberto Ramos sobre a súa novela 'Pirotecnia', coa que gañou por segunda vez o premio Repsol de Narrativa Breve. Manel Cráneo recomenda cómics de Emma Ríos, Aldara Prado, Alicia Jaraba, Bea Gregores e Ana Moreiras....more31minPlay
December 17, 2024Diario cultural 17-12-2024A mostra 'Castelao. O retorno a Galicia, 1984. A presenza de Rianxo' é o limiar do Ano Castelao en Rianxo. Trátase dunha exposición de fotografías tiradas polo xornalista Xan Carballa o 28 de xuño de 1984, no polémico regreso dos restos mortais de Castelao a Galicia.Mónica Maneiro comenta a mostra 'A mi padre', na que se rende homenaxe ao artista Teo Soriano e ao seu proxenitor, defensor do legado artístico do fillo tralo accidente que lle impediu seguiu pintando. Pode visitarse na Galería Vilaseco da Coruña ata o 21 de febreiro....more31minPlay
December 16, 2024Diario cultural 16-12-2024Conversamos con Alberto Rodríguez Arias, autor dun libro sobre a historia arquitectónica das estacións de servizo en España. Ata os anos 60, as gasolineiras serviron como campo de probas para introducir as ideas da arquitectura de vangarda.Pablo Sánchez Quinteiro avánzanos un concerto colaborativo da Real Filharmonía de Galicia. En 'Cantamos!' participarán varios coros amadores e novas voces solistas do país, ademais do propio público....more31minPlay
December 12, 2024Diario cultural 12-12-2024Coñecemos o centro museográfico que a Fundación Legar acaba de abrir na aldea da Seara, no concello de Quiroga. Expóñense uns 700 instrumentos de música galega de raíz da colección do artesán, gaiteiro e estudoso Xavier Blanco.Tito Lesende repasa a traxectoria musical de Rod Stewart que o 15 de decembro dará na Coruña o seu primeiro concerto en Galicia....more31minPlay
December 11, 2024Diario cultural 11-12-2024Ailá preséntanos o seu cuarto disco, 'Tradimensional', no que volven reunir un repertorio orientado ao baile. O grupo incorpora unha nova integrante, a zanfonista Manuela Fraguela de 17 anos. Conversamos coa vocalista e pandeireteira Ángela Carou e co acordeonista Xan Pampín.Manel Cráneo fálanos de horror e ciencia ficción na banda deseñada a través do fanzine coruñés Altar Mutante, que fai 10 anos. Falamos cun dos seus directores, Luís Sendón....more31minPlay
FAQs about Diario cultural | Tarde:How many episodes does Diario cultural | Tarde have?The podcast currently has 395 episodes available.