O actor e escritor Manuel Cortés presenta 'O último home', unha comedia poética unipersoal construída como un recital de poesía acompañado pola música da dj Russ. O espectáculo, dirixido por Borja Fernández e producido por Ainé, estréase os días 11 e 12 de xaneiro na Sala Ártika de Santiago.
Tito Lesende reivindica as salas de concertos galegas e pon o foco no calendario da Sala Capitol de Santiago, a que máis concertos ofrece. Soa música de Ortiga, Baiuca, Loita Amada e Tarque.