O novo espectáculo de Ibuprofeno Teatro aborda a reconversión industrial na ría de Vigo a partir da experiencia persoal do pai do autor e director do texto, Santiago Cortegoso. En escena, oito intérpretes forman unha charanga que nos guía pola historia recente. Trala estrea na Coruña, a montaxe emprende xira por Galicia.
Eva Mejuto proponnos lecturas sobre mulleres creadoras de cultura. 'Canta, miña compañeira' de María Lado, aborda o legado das cantareiras conectándoo coa música do presente. 'Galegas nas artes' de Isabel Blanco, recolle as biografías de 21 artistas plásticas e visuais.