Comeza a vixésima edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, impulsada polo Museo do Pobo Galego. Conversamos coa directora da MICE, Ana Estévez Lavandeira, e co guionista e historiador do cinema Pepe Coira, que comentará a película 'O carro e o home', coguionizada polo etnógrafo Xaquín Lorenzo 'Xocas' en 1940.
Manel Cráneo preséntanos a Paula Mayor, que acaba de publicar coa editorial Galaxia a súa BD 'Rosalía oculta'.