No 25N abordamos a violencia do xénero no ámbito dixital a través do libro 'Hackeamos o patriarcado'. Unha obra colectiva e interdisciplinar que analiza a violencia e o sexismo nas redes, os nesgos de xénero en asistentes virtuais ou a baixa porcentaxe de mulleres nos estudos de enxeñería. Conversamos coa coordenadora do volume, Soledad Torres Guijarro, e outra das investigadoras participantes, Iria Vázquez Silva.
Patty Castro convídanos a escoitar black metal en galego, a través da música de Balmog, banda de Soutomaior, e mais dos ourensáns Xerión.