Chega ás salas de cine o filme 'Os espazos en branco', co que Bruno Arias gañou o Mestre Mateo ao mellor documental. Unha exploración da memoria familiar a través da relación do cineasta coa súa tía, a poeta Xela Arias, finada cando el tiña 5 anos.
Tito Lesende fálanos da iniciativa Som València, unha serie de concertos cos que se recadarán fondos para os afectados pola DINA. Tamén escoitamos a Carlos Peregrino, Kokoshca e Álvaro Suite.