Felicitamos a Marta Pazos e Xosé María Pérez Barro, gañadores dos Premios da Cultura Galega 2024 nas modalidades de Artes Escénicas e Artes Visuais respectivamente.
O resto dos premiados son Manuel Lourenzo ( Letras) , Joaquín Martínez ( Música), Ficción Produccións (Audiovisual), Julia Díaz ( Lingua), Xosé Manuel González (Patrimonio) e o Real Club Celta de Vigo (Proxección Exterior)
Eva Mejuto tráenos hoxe“Voitres”, de Miguelanxo Prado e “Dila Crocodila”, de Ana Gómez.
“Gústanme a idea de comunidade e o merengue”. Ortiga preséntanos o seu terceiro álbum en solitario, Obra social, un traballo que redefine e agranda os sons da música popular e de verbena.