Repasamos a carreira de Avelino González, actor, narrador oral, tamén director, autor e tradutor teatral. O intérprete vigués é o Xograr de Outono de 2024, unha distinción que concede o FIOT de Carballo entre persoas destacadas na promoción e desenvolvemento do teatro en Galicia.
Eva Mejuto traénos hoxe libros que falan da felicidade e da súa falta. 'Milú e o edificio das persoas extraordinarias', de Abel Tomé, premio Merlín deste ano., e mais 'O lobo feliz', un álbum ilustrado de Miguel Guido e Olaya Naveira.