A I Mostra de Teatro no Mosteiro quere ofrecerlle a esta comarca coruñesa unha cita anual co teatro. A Mostra nace do grupo amador local, Catro Gatos, que inaugura o evento o venres 27 de setembro coa súa versión de Río Bravo, o clásico que a compañía Chévere estreou en 1990.
Eva Mejuto proponnos dúas lecturas para esta fin de semana de outono: 'Reino Fungi', un álbum divulgativo sobre os fungos e a novela infantoxuvenil 'Quen precisa unha avoa?' coa que Andrea Barreira Freije gañou o premio Agustín Fernández Paz pola igualdade.