Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 751 (23-6-26): Fígado e ozempic
    (2:22) A literatura e a ciencia únense coa chegada de “Donaira”, tradución galega da utopía feminista “Herland” de Charlotte Perkins Gilman en Boadicea Editora, da man de Estíbaliz Espinosa e Irene Lema, que exploran temas como a partenoxénese e a autoxestión nunha sociedade só de mulleres. (20:04) Viaxamos a Canadá para conversar con María Jesús González Reyán, investigadora no Lunenfeld-Tanenbaum Research Institute, que nos explica como a semaglutida mellora a saúde do fígado máis alá da perda de peso, abrindo novas vías para tratar a doenza hepática metabólica. (41:52) Con tristura lembramos ao noso colaborador e amigo Esteban Fernández Moreira, o noso domador do “Circo de Bacterias”, recuperando unha das súas primeiras intervencións sobre as sorprendentes estratexias sociais das bacterias.
    57 min
  • Efer 750 (18-6-26): Acuicultura rexenerativa
    (3:55) A psiquiatra Iria Veiga desmonta mitos sobre a depresión. (14:44) Carmen Cotelo (Axencia Galega de Innovación) presenta as novas unidades mixtas de investigación, alianzas entre centros e empresas para impulsar a transferencia de coñecemento. (21:47) Jorge Hernández Urcera (IIM-CSIC) detalla a creación Acuiregal, que busca repoboar especies mariñas clave como o polbo ou a centola. Esta é unha unidade mixta de investigación entre o CSIC, Octolarve e o Instituto para o Crecemento Sostible da Empresa. (30:21) O VIH xa non é o que era nos anos 80: grazas ao tratamento antirretroviral, unha persoa con carga viral indetectable non transmite o virus, mesmo sen métodos de barreira. Conversamos con Eva Poveda (Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur) sobre o proxecto VIH Ciencia Aberta, que combate o estigma e a desinformación a través de obradoiros, cómics e o podcast VIH Experts. (42:12) Laura Veiga aborda a relación entre ovulación e lesións deportivas, desmonta mitos sobre a masturbación e resolve dúbidas sobre anticonceptivos hormonais.
    57 min
  • Efer 749 (11-6-26): As tecnoloxías profundas en Galicia
    A segunda revolución cuántica xa está aquí e Galicia quere ser protagonista. Neste especial de Efervesciencia trasladámonos á Axencia Galega de Innovación (GAIN) para descubrir como se está a tecer o ecosistema galego das tecnoloxías profundas: comunicacións e computación cuántica, intelixencia artificial e sensado avanzado.
    Conversamos con Carmen Cotelo (GAIN), que debulla os avances do actual plan galego de innovación 2025-2027 e a aposta por infraestruturas como a liña de comunicación cuántica Santiago-Vigo e a factoría europea de intelixencia artificial. Tamén contamos con Diego Andrade (CITIC-UDC), Andrés Gómez (CESGA), Gonzalo Blázquez (ITG), Josefina Alonso (DIHGIGAL), Diego Beltrán (Bahía Software), Luis Freire (Gradiant), Lucía Castro (Datalife DIH), Davide Rusca (Vigo Quantum Communication Center) e Cora Vinagre (FSAS).
    1 hr 8 min
  • Efer 748 (28-5-26): Tratar a dor persistente
    (2:28) A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, preséntanos o programa Nexus de colaboración entre PEMES e centros de coñecemento galegos. (7:25) José Luis Cabarcos (Xerente da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, que está atrás de Bico de Xeado) explícanos o proxecto de innovación Lacteus. (12:43) A dor é moito máis que unha sensación física: é unha experiencia complexa que implica factores psicolóxicos e sociais. Conversamos con María Teresa Carrillo e Alejandro Quiroz do Laboratorio de Cerebro e Dor da USC. Estes expertos desmontan mitos arredor da dor crónica e explican como a educación, o exercicio físico e as novas neurotecnoloxías, como a estimulación eléctrica transcraneal, están a revolucionar o seu tratamento. Coñecemos tamén o proxecto europeo PAINLESS, coordinado desde a USC, que busca opcións non farmacolóxicas para tratar a dor oncolóxica persistente. (45:46) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (46:55) Un traballo publicado en Current Biology estuda os pelos de Beethoven para intentar determinar a súa aptitude musical. Julio Rodríguez na súa Bitácora do Beagle advírtenos sobre as limitacións desta clase de estudos xenéticos.
    58 min
  • Efer 747 (21-5-26): Eclipse en famila, construe a túa caixa escura
    (2:45) Conversamos con César Muñoz Fontela (Instituto de Medicina Tropical Bernhard Nocht de Hamburgo) sobre o gromo do virus de Bundibugyo na República Democrática do Congo, unha enfermidade emerxente que pon a proba os protocolos sanitarios nun contexto de conflito e sen vacinas dispoñibles. (15:35) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez (17:10) Os nosos estreleiros históricos Irene Vaspino e Martín Pawley comparten consellos prácticos para construír cámaras escuras caseiras coas que observar de forma segura e en familia a eclipse solar do 12 de agosto. Tamén exploramos a presenza das eclipses na cultura popular. (44:31) Borja Tosar achéganos ao paradoxo de Fermi.
    56 min
  • Efer 746 (16-5-26): Profundando na quiralidade das moléculas
    (2:39) No espazo da Axencia Galega de Innovación María José Mariño, directora da área de transferencia e talento de GAIN, preséntanos o impacto do programa Oportunius para atraer investigadores excelentes na fronteira do coñecemento gañadores das axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC). (10:01) Conversamos co investigador Oportunius Cristóbal Pérez, nova incorporación ao CICUS, que traslada o seu laboratorio desde Valladolid para investigar a quiralidade e a estrutura molecular mediante espectroscopía de rotación, unha técnica clave para comprender desde o deseño de fármacos ata a astroquímica. (33:41) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (35:19) A Real Academia Galega de Ciencias nomeou a Aida Fernández Ríos como científica do ano. Fiz Fernández e Noelia Fajar do IIM-CSIC debullan a súa traxectoria, desde os seus inicios como técnica ata chegar a se converter nun referente internacional no estudo da acidificación oceánica e o cambio climático.
    55 min
  • Efer 745 (14-5-26): Ciberseguridade desde Galiciencia
    Viaxamos ao Parque Tecnolóxico de Galicia para acudir, un ano máis, á feira científica Galiciencia, que nesta edición está dedicada á ciberseguridade. Conversamos con Javier Taibo, director de Tecnópole, cos profesores Irene Otero, Daniel Alén e Miguel Yebra, co actor Vicente Mohedano e coa enxeñeira Iria Ollero. Antonio Vázquez Saburido, xefe do Servizo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil en Ourense, debulla os riscos reais das estafas dixitais, a importancia das probas e o papel clave do factor humano. (15:27) Repasamos os cen números e case catro décadas do Boletín das Ciencias da man da presidenta de ENCIGA Inés García Seijo e dun dos seus fundadores, Ramón Cid. (34:54) No Calendario da Historia da Ciencia de Ramón Núñez coñecemos a orixe da tortilla de patacas.
    56 min
  • Efer 744 (7-5-26): Que lle pasa as candorcas ibéricas cos veleiros?
    (1:52) A escuma que vemos nas praias dános información sobre a saúde da auga. Conversamos co catedrático de Enxeñaría Química Gumersindo Feijoo. (9:38) No Museo Mar de Sorrizo en Arteixo presentouse o proxecto Candorcas, unha iniciativa promovida por Paola Catapano. Paola é xornalista científica no CERN, pero ademais preside a asociación Polarquest.org que co veleiro Lady Magellan suca os mares en prol da sostibilidade e a ciencia cidadá. (20:28) Efeméride do 7 de maio do Calendario da Historia da Ciencia de Mónica Núñez. (21:53) Dialogamos sobre arte, pesca sostible e educación ambiental con Margarita Cimadevila (artista e presidenta de ARSCIENCIA), Francisco Varela (secretario da confraría de pescadores de Malpica) e Eva Quiroga (bióloga en Somos Terra Cooperativa e bailarina de danza contemporánea). (33:12) A partir de 2020 comezan as interaccións entre veleiros e as candorcas ibéricas, algo inédito no mundo e que non acontece con outro tipo de embarcacións. Xa se documentaron uns cincocentos encontros. Alfredo López, Mónica González e Álvaro Galán de CEMMA (Coordinadora de Estudo dos Mamíferos Mariños) explícannos que non son nin ataques nin xogos.
    56 min
  • Efer 743 (30-4-26): Ciencia na Aldea: Polinizadores, gandeiría extensiva e o valor dos ecositemas
    [Versión estendida] Programa monográfico dedicado á 5ª edición de "Ciencia na Aldea" que organiza a asociación Corripa. Este ano estas xornadas están dedicadas á transhumancia. Levámosvos a Pena da Nogueira, no concello máis pequeno de Galicia, Negueira de Muñiz para coñecer toda a biodiversidade de científicos, divulgadores, educadores ambientais, gandeiros e público afeccionado á natureza e a ciencia que confluiu nunha aldea de 3 habitantes. Puidemos conversar co naturalista sonoro Carlos de Hita e co ornitólogo Antonio Sandoval (2:03), Daniel Lago é un mozo interesado nas bolboretas que poden ver no seu pobo, Obacho (15:36), a memoria viva dos pastores transhumantes chega da man de Francisco Martínez e Joaquín García da Fundación Oxígeno (18:04) e  José Conde (Centro de Interpretação da Serra da Estrela) falanos do proxecto europeo LIFE Wild Pollinators promovido por Corripa que busca conservar prados de gandería extensiva e polinizadores grazas á colaboración entre Galicia, Portugal e Francia (26:34). A fundación Legar, con Martina Ferradás e Xabier Blanco, utilizan a música de raíz de xeito terapéutico con persoas maiores, e en colaboracións con investigadores do IIS Galicia Sur teñen medido e publicado os resultados (29:24). Falamos coas gandeiras en extensivo Lucía González (A Carqueixa) e Tania (Asociación de Gandeiros da Fonsagrada) (35:42), Fernando Valladares (CSIC, Museo Nacional de Ciencias Naturales) reflexiona sobre os desafíos ambientais, a necesidade de repensar o modelo económico e a importancia de comunicar ciencia fronte ao negacionismo (38:58). Carlos Díaz dedícase ao turismo rural con epicentro nos Ancares e Terras de Burón con Naviaventours e explícanos como era a trashumancia en Galicia (1:07:40). José Arrojo é profesor de FP no IES Isla de la Deva de Asturias, onde promove o proxecto "FagueLab" de pesquisa de fagos cazadores de superbacterias (1:13:41). A neurocientífica especializada en visión Conchi Lillo (USAL) explica por que debemos protexer os ollos na eclipse (1:15:34). E rematamos con Alberto Uría e Vanessa Paredes da Asociación Corripa (1:21:38) e escoitando a "Catro nun zoco" ao vivo (1:24:23).
    1 hr 30 min
  • Efer 742 (23-4-26): Minions, meigas e Hamlet: Cando os xenes saltaricos escangallan os cromosomas
    (2:56) A nosa sexóloga Laura Veiga preséntanos o seu libro “O mapa da túa sexualidade” para crianzas de 10 a 12 anos. O seu enfoque na diversidade e o autocoñecemento pode mesmo interesar a un público máis amplo. (14:52) Visitamos o grupo de Xenomas Móbiles no CIMUS, dirixido por José Tubío. Veñen de publicar en Science os mecanismos polos que os xenes saltaricos poden acabar escangallando os cromosomas e contribuíndo ao desenvolvemento do cancro. A conversa con José Tubío, Jorge Zamora, Nuria Espasandín e Uxía Piñeiro sobre o seu traballo lévanos a falar de meigas, Minions e Hamlet. (51:29) Efeméride do 23 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (53:28)  No espazo da Axencia Galega de Innovación, Carlos Sánchez Vecino explica o novo programa Ciencia Empresa para apoiar proxectos individuais de innovación promovidos polas Pemes galegas.
    1 hr 2 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.