Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 732 (8-1-26): Non é un pais para detectoristas furtivos, ciencia contra o expolio
    (3:28) César Muñoz Fontela (Instituto Bernhard Nocht, Hamburgo) achéganos as últimas novas sobre virus emerxentes en África.
    (9:02) No século XVII, unha febre do ouro levou ao expolio de milleiros de mámoas galegas na procura de tesouros que nunca existiron. Hoxe, a loita contra o saqueo do noso patrimonio arqueolóxico continúa, pero con novas ferramentas e unha lexislación inédita en Europa. Conversamos con Jaime Almansa (Cretus, USC), que investiga como a ciencia pode axudar a identificar e valorar pezas expoliadas grazas ás novas técnicas de arqueometría forense.
    (35:17) Lembramos a Sophie Germain no “Calendario da Historia da Ciencia” de Moncho Núñez.
    (37:03) Víctor Pardo (USC) explícanos o Nobel de Física 2025 polo efecto túnel cuántico macroscópico
    57 min
  • "As arquitectas da vida" con Alfonso Martínez Arias [Versión estendida]
    [Versión estendida] Conversamos con Alfonso Martínez Arias (Universitat Pompeu Fabra), quen nos propón mirar máis alá dos xenes para entender como as células organizan o desenvolvemento dos organismos. Este é argumento principal do seu libro "As arquitectas da vida". Descubrimos con el por que a gastrulación é o momento máis importante da nosa existencia biolóxica.
    28 min
  • Efer 731 (4-1-26): Os segredos das células: da orixe da vida ao envellecemento
    (2:28) Infiltrámonos no XXI Congreso da Sociedade Española de Bioloxía Celular, celebrado en Santiago de Compostela. Conversamos con Alfonso Martínez Arias (Universitat Pompeu Fabra), quen nos propón mirar máis alá dos xenes para entender como as células organizan o desenvolvemento dos organismos. Descubrimos con el por que a gastrulación é o momento máis importante da nosa existencia biolóxica.
    (26:35) Iñaki Ruiz-Trillo (Universitat Pompeu Fabra) explícanos o intrigante salto evolutivo á multicelularidade: como as células individuais aprenderon a cooperar e diferenciarse, e que pistas nos dan organismos unicelulares actuais sobre a orixe dos animais.
    (43:17) Ademais, Ana María Cuervo (Albert Einstein College of Medicine) e Isabel Fariñas (Universitat de València) comparten os últimos avances en autofaxía e células nai cerebrais, abrindo novas vías para comprender o envellecemento e a rexeneración neuronal. Coñecemento que comparten con consellos con evidencia científica para envellecer mellor.
    A nosa web oficial www.efervesciencia.org
    1 hr 1 min
  • Efer 730 (3-1-26): A ilusión de escoller: temos realmente a última palabra fronte á IA?
    (4:08) Pódese manter o exercicio físico en episodios de menorrea? Laura Veiga é xornalista e sexóloga, responsable do proxecto Pingando.gal. (17:46) Tes que decidir unha liberdade condicional e unha máquina xa che ofreceu a súa valoración: canto pode influír iso no teu criterio? Conversamos con Ujué Agudo, investigadora no laboratorio de psicoloxía experimental da Universidade de Deusto. A psicoloxía está dando os primeiros pasos para entender como condicionan os algoritmos os nosos comportamentos máis alá do evidente. (43:37) Efeméride do 3 de xaneiro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez (44:47) David Cabo, cofundador de CIVIO, explícanos como conseguiron que o Supremo obligase ao goberno a entregar o código fonte de BOSCO - que decide quen ten acceso ao bono social eléctrico - en prol da transparencia algorítmica.
    A nosa web oficial www.efervesciencia.org
    En Bluesky @efervesciencia.org
    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 728 (30-12-25): Desde o Macondo outro ano de ciencia (Parte 1)
    Desde o pub Macondo da Coruña coa música ao vivo do piano de Juanjo Fernández realizamos o noso repaso á mellor ciencia do ano. Coa participación dos nosos colaboradores Marta Vila, Susana Ladra, Deborah García Bello, Estíbaliz Espinosa e Xabier Pérez Couto. Tamén conversamos con Manuel Díaz de Sotavento, que nos debulla o achado do ano. Parte 1.
    58 min
  • Agasallamos con 100 entradas de balde para o "Coruña Comunica Ciencia"
    Do mércores 11 ao venres 13 de febreiro de 2026 terá lugar a segunda edición do festival “Coruña Comunica Ciencia”. Polo coruñés Teatro Colón desfilarán divulgadores como Eduardo Sáenz de Cabezón, Eva Cabanelas, Rocio Vidal (La Gata de Schrodinger), Patricia Barciela, Dosi Veiga, o cirurxián Diego González Rivas... Tamén se representará o espectáculo “Elemental”, haberá unha charla-concerto de música e matemáticas con Laura Farré, musica e IA con Sofía Oriana e gravación con público de Efervesciencia.
    Conversamos co organizador do festival, David Basllesteros de Ceo Aberto, que ofrece aos oíntes 100 entradas de balde. Para conseguir un código de desconto tes que escoitar a entrevista a Ballesteros ou tamén o podes atopar na nosa canle de Telegram, https://t.me/efervescentes
    https://coruñacomunicaciencia.es/
    10 min
  • Efer 727 (29-12-25): Estrelas masivas e a misión Euclid da ESA explicadas desde o Astrogalicia
    Visitamos a XI edición de Astrogalicia en Arzúa. (1:58) O radioastrónomo Ricardo Rizzo estuda as estrelas que viven rápido, morren novas e deixan un cadáver fermoso, as estrelas masivas que expulsan nun segundo 4000 veces a masa do Everest. Sergio Pereira impartiu un obradoiro de análise de datos da misión Gaia. (20:32) Francisco Castander, Instituto de Ciencia do Espazo-CSIC, preséntanos a misión Euclid da ESA que vai medir amplas rexións do universo para estudar a materia e a enerxía escura. (33:00) Javi Molder impartiu o obradoiro de radioastronomía amadora no Astrogalicia. (35:55) Juan Ángel Vaquerizo (proxecto CESAR da ESA, INTA e ISDEFE) e Marcos Merinero (proxecto ESERA da ESA) traballan en proxectos educativos de astronomía e ciencias do espazo. (50:26) Leticia Pereiras da Asociación Polaris impartiu o obradoiro de astrofotografía no Astrogalicia.
    57 min
  • Atopan hibridación en paxaros de dous xeneros separados hai 7 millóns de anos [Paxaros na cabeza]
    Nunha eclipse os paxaros cambian de comportamento e activan "o coro do mencer". Dous traballos publicados en Nature e Science estudaron este fenómeno na eclipse do 8 de abril de 2024 en Estados Unidos. Haberá que estar atentos na vindeira eclipse. Cóntanolo o noso ornitólogo Nacho Munilla. Tamén nos trae un exemplo onde a evolución converxe. Os especialistas quedaron pampos ao atoparen unha hibridación entre dous xéneros de paxaros separados 7 millóns de anos.
    19 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.