Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 717 (26-6-25): Ciencia Calidade
    (0:23) Os resultados das Enquisa de Percepción Social da Ciencia e a Tecnoloxía da FECYT presentados esta semana amosan fendas importantes na confianza da cidadanía na ciencia. (3:14) Wicho analiza a actualidade aeroespacial coas últimas remudas na ISS. (13.27) Iago Regueira Rodríguez, "thepharmacist42", preséntanos o seu monólogo "A mucosidade, unha marabilla incomprendida" que quedou segundo na última edición do "Ciencia Calidade". (22:30) Seguimos coñecendo con Andrea Muras o concurso de monólogos científicos en galego "Ciencia Calidade". (28:31) Presentamos o programa de doutoramento Industrial do GAIN e conversamos con Carmen López, directora de I+D+i de Balidea.(36:45) Voces de Ciencia: Esther Fernández, investigadora, mestra de mestres e xestora.
    58 min
  • Efer 716 (19-6-25): Historia dos montes veciñais desde A Fonsagrada
    Viaxamos á Fonsagrada para coñecer "in situ" unha nova edición do proxecto "Ciencia á Feira". (2:46) Alí conversamos con Ana Cabana sobre a historia do monte comunal en Galicia, con Iago e Yoel sobre mercados de carbono e con Helga Peral sobre o propio proxecto. (33:31) Efeméride do 19 de xuño do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (35:10) Antía Vázquez preséntanos o seu monólogo "Sobras con superpoderes" que quedou terceiro na última edición do concurso "Ciencia Calidade". Eva Cabanelas danos consellos para comunicar ciencia no formato dos monólogos.
    57 min
  • Efer 715 (12-6-25): Aeroxeles
    Monográfico dedicado aos Premios á Transferencia 2025 da Real Academia Galega de Ciencias. (3:30) Efeméride do 12 de xuño do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (4:28) Carlos García é investigador do grupo I+D Pharma onde dirixe o "Aerogels Lab" e vén de gañar o premio "Francisco Guitián Ojea" por desenvolver aeroxeles estériles con aplicacións biomédicas. (33:14) Ruta botánica no Mosteiro de Caaveiro con Maite Vence de Observer. (37:32) O premio Fernando Calvet levouno o grupo de investigación Neurobesity do CIMUS dirixido por Miguel López polo desenvolver novas estratexias contra a obesidade baseadas no control do gasto enerxético desde o hipotálamo.
    1 hr 2 min
  • Efer 714 (5-6-25): Noite Efervescente en Ponteceso
    [Versión estendida] Noite Efervescente desde a Casa dos Veciños da Aldea do Couto en Ponteceso. Estiveron connosco o alumnado das Aulas Científicas Eduardo Pondal e os amigos da Asociación AMIPA. Tamén contamos con Esther Suárez, Isabel Segura, Borja Tosar, Xabier Pérez Couto e Estíbaliz Espinosa.
    1 hr 12 min
  • Efer 713 (29-5-25): Ignicia
    [Versión estendida] Monográfico dedicado ao programa Ignicia da GAIN para transferir o coñecemento dos centros de investigación galegos ao mercado. (2:09) Carmen Cotelo é a directora da Axencia Galega de Innovación. (10:19) Eferméride do 29 de maio do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (11:38) María de la Fuente lidera a unidade de nanooncoloxía e terapúetica transacioal do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, IDIS, e é a promotora da spin off Diversa. (34:30) Sense Aeronautics é unha spin off de Gradiant especializada en análise de vídeo para drons. O seu responsable é Fernando Gago. (45:12) A intelixencia artificial axuda a vender pisos en PhotoIlike creada pola spin off Indestia. Conversamos co profesor de Ciencias da Computación da UdC Juan Romero.
    1 hr 6 min
  • Efer 712 (22-5-25): Lumes desde o MARCO
    Desde o panóptico do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o Marco, celebramos o día internacional dos museos da man do Proxecto LUMES nunha confluencia de ciencia e arte, entre a academia e o publico, e entre o norte de Portugal e Galicia. (4:05) Fran Aboy é o responsable do LUMES. (10:24) A UNESCO nomeou a Braga como Cidade Creativa da Artes Audiovisuais. Contamos con Sara Borges, coordinadora do "Circuito", o servizo educativo do Braga Media Arts. (16:03) Luis Hernández dirixe o grupo Videalab da UdC de visualización avanzada con aplicacións á arquitectura dixital e ao patrimonio histórico. (37:26) Eferméride do 22 de maio do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (38:39) En Braga atópase tamén o Laboratorio Ibérico de Nanotexia, INL, onde Lorena Diéguez lidera o grupo de dispositivos nanomédicos e Mariam Debs é a responsable de comunicación.
    57 min
  • CanSat no IES de Teis
    [Fragmento] Estivemos na aeródromo de Cerceda na fase clasificatoria galega do desafío CanSat da ESA, un concurso escolar de lanzamento de minisatélites do tamaño dunha lata de refresco. O representante galego para a final española resultou ser o equipo do Gemini Pólux. Así, fómonos tamén ao IES de Teis para coñecer ás súas integrantes, que son alumnas da Ucraína, Perú, Venezuela, Brasil, República Dominicana e Galicia
    11 min
  • Efer 711 (15-5-25): 20 anos de Galiciencia
    Celebramos desde Tecnópole en San Cibrao das Viñas o 20 aniversario da feira científica Galiciencia. Contamos con Javier Taibo, Margarita Ravelo, Tino Álvarez, Ana Piñeiro Sotelo, Vicente Mohedano, Cristina Mangana, Patricia Barciela, David Ballesteros, Carlos Nieto, Noemía Ortega, Adolf Cortel e Javier García Martínez.
    (15:20) Estivemos na aeródromo de Cerceda na fase clasificatoria galega do desafío CanSat da ESA, un concurso escolar de lanzamento de minisatélites do tamaño dunha lata de refresco. O representante galego para a final española resultou ser o equipo do Gemini Pólux. Así, fómonos tamén ao IES de Teis para coñecer ás súas integrantes, que son alumnas da Ucraína, Perú, Venezuela, Brasil, República Dominicana e Galicia.
    57 min
  • Efer 710 (1-5-25): Ciencia na Aldea, onde o mundo se chama Pena da Nogueira
    [Versión estendida] Asistimos á edición de 2025 de Ciencia na Aldea que se desenvolveu en Pena da Nogueira no Concello de Negueira de Muñiz organizada pola Asociación Corripa. Un encontro único entre o mundo da ciencia, do medio ambiente e a xente do agro. Conversamos co biólogo Javier Castroviejo (2:40), co botánico Bernabé Moya e os organizadores e promotores do Festival de Herbas Espontáneas de Ussaramanna (Cerdeña) Rosella Urrú e Walter Secci (15:57), coa poeta e xornalista Nieves Neira (31:40), cos entomólogos Félix Torres e José Carlos Otero (35:55), co ornitólogo Antonio Sandoval e o "naturalista sonoro" Carlos de Hita (58:01) e coa xente da Asociación Corripa Vanesa Paredes e Alberto Uría (58:01). A música corresponde ao concerto ao vivo de "Catro nun Zoco" (Mini, Mariña Quintillán, Iria e Navia Rivas) neste evento.
    1 hr 33 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.