Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 703 (20-3-24): Unha fenda na Enerxía Escura
    (0:24) Non está documentado que Einstein dixera que a introdución do termo cosmolóxico fora a maior metida de zoca da súa vida. Pero a súa constante cosmolóxica é, ata o de agora, unha chave de bóveda do que sabemos do universo.
    (6:11) O noso ornitólogo Nacho Munilla explícanos o papel recentemente descuberto da biofluorescencia das aves do paraíso.
    (20:54) Efeméride do 20 de marzo do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez.
    (23:08) Os datos liberados hoxe pola colaboración DESI (Dark Energy Spectroscopic Instrument) no encontro anual da American Physical Society apuntan a que a enerxía escura non é unha constante, senón que vai devalando na historia do universo. Isto podería rachar co actual modelo estándar cosmolóxico Lambda CDM. Nolo debulla o investigador da Universidade de Berkeley Antón Baleato Lizarcos.
    56 min
  • Como se moven as pedras da costa con Alejandro Gómez Pazo [Versión estendida]
    [Versión estendida] Alejandro Gómez Pazo, xeógrafo e profesor axudante doutor na Universidade de León, estuda a dinámica das pedras costeiras.
    TaméndDramatizamos o relato "Pedra, area, balea" de Noelia Rodríguez que gañou a XIII edición do concurso Inspiraciencia, convocado pola delegación do CSIC en Cataluña, na categoría de textos en galego.
    35 min
  • Efer 702 (13-3-25): Pedra, area, balea
    (0:21) Einstein pasou de esguello por Galicia hai 100 anos.
    (4:39) Wicho deixa en evidencia os bulos sobre astronautas abandonados na Estación Espacial Internacional.
    (13:37) Alejandro Gómez Pazo, xeógrafo e profesor axudante doutor na Universidade de León, estuda a dinámica das pedras costeiras.
    (24:24) Dramatizamos o relato "Pedra, area, balea" de Noelia Rodríguez que gañou a XIII edición do concurso Inspiraciencia, convocado pola delegación do CSIC en Cataluña, na categoría de textos en galego.
    (39:47) Eferméride do 13 de marzo do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez
    (40:58) Na sección "Cambio de Fase" de Daniel Pizarro coñecemos a banda deseñada "Unha fracción de segundo" (Asitbierri) de Guy Delisle sobre a azarosa vida de Eadweard Muybridge
    56 min
  • Efer 701 (6-3-25): O Calendario da Historia da Ciencia
    (2:00) Moncho Núñez está nun lugar secreto.
    (4:24) Julio Rodríguez cóntanos na súa "Bitácora do Beagle" como a terapia xénica abre vías de curación de cegueiras causadas por retinoses pigmentarias.
    (18:34) Moncho Núñez preséntanos o seu libro "O Calendario da Historia da Ciencia"
    (41:43) Cantos tipos diferentes de fluídos hai nunha vaxina? Ten a resposta a sexóloga e xornalista Laura Veiga.
    57 min
  • Efer 700 (27-2-25): Sons para estudar os fondos costeiros
    (2:04) A empresa porriñesa Biofabri do grupo Zendal é a fabricante en exclusiva da única vacina contra a tuberculose pulmonar, a MTBVAC, e impulsora dos seus ensaios clínicos. Veñen de anunciar o inicio dun novo ensaio clínico de fase 2b desta vacina, neste caso con adolescentes e adultos. Conversamos co CEO de Biofabri, Esteban Rodríguez.
    (17:10) Resolvemos onde estaba Luis Muiño no noso concurso "Un libro, un autor e un lugar".
    (19:20) Andrés Prieto, profesor da Universidadade de A Coruña e investigador do CitMaga, e Noela Sánchez, do grupo de oceanografía física da Universidade de Vigo, traballan nun proxecto de caracterización numérica dos fondos costeiros empregando sons.
    59 min
  • Efer 699 (20-2-25): A febre do ouro das sambesugas
    (0:25) Descobren que os ratos axudan aos seus conxéneres cando perden o coñecemento practicando unha especie de RCP.
    (5:33) A xornalista e sexóloga Laura Veiga fálanos dos libros de autoaxuda menstrual.
    (17:15) Damián Copena, do Grupo de investigación en Estudios de Historia Empresarial e sectorial da Pesca, Industria e Comercio (GESPIC) da USC, publicou xunto con María Gómez un traballo na revista "Medical History" sobre a febre das sambesugas no século XIX en España para uso médico.
    (39:57) A banda deseñada "Deep me" e "Deep it" fai un achegamento experimental á IA. Nolo comenta Daniel Pizarro na sección "Cambio de fase".
    58 min
  • Efer 698 (13-2-24): A trampa do amor con Luis Muiño
    (2:17) Luis Muiño fálanos desde un lugar secreto na nosa sección "Un libro, un autor, un lugar"
    (6:12) Bibiana García Visos explícanos cal é a infraestrutura que permite que teñamos auga da billa nas nosas casas.
    (15:34) Conversamos co psicólogo Luis Muiño sobre o seu libro "A trampa do amor. Unha reflexión contra o amor romántico. Unha guía para o amor san"
    58 min
  • Efer 697 (6-2-25): Radiografía do populismo científico en España
    (2:23) Estíbaliz Espinosa explora a ciencia e a poesía dos asteroides, dende o asteroide Bennu e as súas mostras de aminoácidos ata o asteroide 2024 YR4 e o protocolo de seguridade planetaria da ONU.
    (19:43) Maite Vence tráenos rutas Observer para ver paxaros.
    (25:50) Celia Diaz, socióloga do Grupo Trans Soc da Universidade Complutense de Madrid, debúllanos o primeiro informe sobre confianza na ciencia e populismo científico en España, que elaborou a FECYT.
    1 hr
  • Efer 696 (30-1-25): Bioplásticos sostibles para textil, envases e calzado
    (3:14) Os mellores ceos do mundo para a observación astronómica están en perigo. Os observatorios do deserto de Atacama están a piques de quedar cegos. Conversamos con Pedro Sanhueza, experto en contaminación luminosa, consultor independente e ex-xefe da Oficina de Calidade do Ceo do Norte de Chile.
    (18:04) O proxecto europeo "Waste2Biocomp" emprega bacterias alimentadas con augas residuais da industria cervexeira para producir bioplásticos para a súa conversión en fibras téxtiles, calzado e envases. Belén Montero (CITENI-UdC) participa neste proxecto microencapsulando axentes antimicrobianos para crear envases activos e analizando a biodegradación dos distintos prototipos.
    (47:27) Guía do Ceo de Inverno con Xabier Pérez Couto, @astroxabi. Conversamos sobre ananas brancas, os planetas visibles estes días, a eclipse lunar do venres 15 de marzo e a eclipse solar do 29 de marzo.
    1 hr 1 min
  • Guía do Ceo de Inverno 24: Eclipses
    Guía do Ceo de Inverno con Xabier Pérez Couto, @astroxabi. Conversamos sobre ananas brancas, os planetas visibles estes días, a eclipse lunar do venres 15 de marzo e a eclipse solar do 29 de marzo.
    11 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.