Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 687 (21-11-24): As aventuras de Rodríguez e dous franceses [Radioteatro no Colón]
    Programa especial desde o Teatro Colón da Coruña no festival Coruña Comunica Ciencia. (0:16) Radioteatro "As aventuras de José Rodríguez e dous franceses" en directo coas voces de Avelino González, Caxoto, Manu Fernández e Estíbaliz Espinosa, o piano de Juanjo Fernández e o contexto de Xabier Pérez Couto.
    (44:48) Conversamos con David Ballesteros e Quantum Fracture (José Luis Crespo) sobre o festival. Coñecemos algúns dos premiados dos Prismas 2025: Antonio Martínez Ron e Virginia Luzón.
    (53:58) Unha espontánea sobe ao escenario e ponse ás teclas do marabilloso piano Steinway do Teatro Colón.
    59 min
  • Efer 686 (14-11-24): Enerxía nuclear con @operadornuclear
    (3:09) No espazo dedicado á Axencia Galega de Innovación GAIN coñecemos a futura ampliación do CESGA, o Centro de Supercomputación de Galicia
    (9:12) No primeiro reactor nuclear da historia un home cun machado tiña a misión de deixar caer unha barra de control pendurada dunha corda no caso de que se desbocase a reacción. Para coñecer como é hoxe en día a industria nuclear conversamos con Alfredo García (@operadornuclear), supervisor nuclear na central de Ascó, enxeñeiro e licenciado en comunicación audiovisual.
    (35:09) Damos a solución de onde estaba Carlos Briones.
    (37:27) Son os gatos imprevisibles? O físico do IGFAE Anxo Fariña vén de publicar en American Journal of Physics as ecuacións de movemento do movemento gatuno.
    57 min
  • Enerxía nuclear con @operadornuclear [Versión estendida]
    [Versión estendida] No primeiro reactor nuclear da historia un home cun machado tiña a misión de deixar caer unha barra de control pendurada dunha corda no caso de que se desbocase a reacción. Para coñecer como é hoxe en día a industria nuclear conversamos con Alfredo García (@operadornuclear), supervisor nuclear na central de Ascó, enxeñeiro e licenciado en comunicación audiovisual.
    46 min
  • O ordenador cuántico do CESGA desvela o "sabor" de frescor
    Desentrañan co ordenador cuántico do CESGA, o Qmio, os secretos do frescor que chega á túa boca cando tomas, por exemplo, un mojito. Este é un traballo interdisciplinario no que participaron as doutoras María Paredes, técnica de I+D de "Hijos de Rivera", e Mariamo Mussa, técnica de comunicacións cuánticas do CESGA.
    21 min
  • Regalamos 100 entradas de balde ao "Coruña Comunica Ciencia"
    Do mércores 13 ao venres 15 de novembro terá lugar a primeira edición do festival “Coruña Comunica Ciencia”. Polo coruñés Teatro Colón desfilarán divulgadores como Quamtum Fracture (José Luis Crespo), Laura Morán, Xurxo Mariño, Deborah García Bello, Xurxo Ayán, Tamara Pazos,... Tamén haberá teatro con Julio Montañana e a estrea en galego do espectáculo “A Chispa Máxica”, música con Germán Díaz e gravación con público de Efervesciencia.
    Conversamos co organizador do festival, David Basllesteros de Ceo Aberto, que ofrece aos oíntes 100 entradas de balde. Para conseguir un código de desconto tes que escoitar a entrevista a Ballesteros ou tamén o podes atopar na nosa canle de Telegram, https://t.me/efervescentes
    https://coruñacomunicaciencia.es/
    13 min
  • Efer 685 (17-10-24): A bordo da túa curiosidade
    (3:25) Carlos Briones estivo en Galicia e deixounos unha mensaxe desde un lugar especial. Se sabes onde estivo escríbenos en twiiter. Sorteamos un exemplar asinado de "A bordo de tu curiosidade". Hai pistas na conversa e tamén as iremos poñendo por twitter. Prazo ata o 13 de novembro ás 24:00.
    (5:07) Susana Ladra debullamos o Nobel de física 2024
    (16:01) Carlos Briones é poeta, escritor, divulgador e investigador científico no Centro de Astrobioloxía-CSIC. Vén de publicar "A bordo de tu curiosidad". Conversamos con el sobre citas científicas, virus, microbiota, vida extraterrestre,...
    (34:57) Desentrañan co ordenador cuántico do CESGA, o Qmio, os secretos do frescor que chega á túa boca cando tomas, por exemplo, un *mojito*. Este é un traballo interdisciplinario no que participaron as doutoras María Paredes, técnica de I+D de "Hijos de Rivera", e Mariamo Mussa, técnica de comunicacións cuánticas do CESGA.
    57 min
  • Efer 684 (10-10-24): Nove anos de ondas gravitacionais, con Alicia Sintes
    (2:37) A astronomía de ondas gravitacionais só ten 9 anos, pero está abrindo unha nova fiestra ao coñecemento do universo. Conversamos con Alicia Sintes, da Universitat de les Illes Balears e membro da colaboración científica LIGO.
    (16:03) O proxecto de ciencia cidadá "Cycling with clean air" monitoriza, empregando traxectos en bicicleta de voluntarios, a calidade do aire. Unha medición en distintas cidades galegas amosa que no entorno dos colexios a concentración de partículas PM2,5 dispárase logo do día sen coches. Conversamos con Faustino Gómez, presidente de Composcleta, asociación que forma parte da Coordinadora Española en Defensa de la Bicicleta, ConBici.
    (26:35) José Alberto Rubiño dirixe o proxecto QUIJOTE do Instituto de Astrofísica de Canarias, que estuda a luz máis antiga do universo. Neste proxecto caracterizan a polarización do fondo cósmico de microondas que emite a nosa galaxia na pescuda de evidencias da inflación cósmica.
    (32:59) As células senescentes están asociadas ás doenzas que se producen no proceso de envellecemento. Asistimos ao I Congreso Internacional da Sociedade Española de Senescencia Celular (SENESCEL), que se celebrou en Santiago de Compostela. Conversamos con Myriam Gorospe (Instituto Nacional de Envellecemento de Baltimore), Sofía Ferreira (Universidade de Edimburgo), Daniel Muñoz Espín (Universidade de Cambridge) e Carlos Anerillas (Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa) sobre as súas respectivas investigacións sobre células senescentes na doenza de alzhéimer, na sarcopenia, na pel, no fígado, no cancro de pulmón ou no medio intercelular.
    1 hr 2 min
  • Efer 683 (3-10-24): O escorpión mariño de dous metros da Fonsagrada
    (2:39) Relatamos a fascinante historia de como uns nódulos, descubertos por casualidade entre a lousa durante a construción de pistas en Forcarei, espertaron a curiosidade dun médico e dun profesor de instituto. Case 20 anos despois, no marco das XXXIX Xornadas da Sociedade Española de Paleontoloxía, reveláronse os resultados do estudo dos fósiles contidos nesas pedras. Juan Carlos Gutiérrez-Marco, do Instituto de Geociencias - CSIC, e Enrique Bernárdez presentaron o extraordinario achado dun fósil dun escorpión mariño xigante que habitou a zona da Fonsagrada hai 434 millóns de anos.
    (21:37) Achegámonos ao observatorio de Cotobade para celebrar a Noite Internacional de Observación da Lúa e repasar a traxectoria dos 25 anos da Asociación Astronómica Sirio.
    58 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.