Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 675 (30-5-24): Os mapas da biodiversidade dos últimos 540 millóns de anos
    (1:57) O cheiro a piscina non é o que ti cres que é. Bibiana García Visos fálanos dos cheiros do verán.
    (13:37) Visitamos o "Mapas Lab" da Universidade de Vigo para coñecer como simulan a evolución da biodiversidade no espazo e no tempo. Sara Varela gañou unha prestixiosa "Starting Grant" do ERC (Consello Europeo de Investigación) para estudar o comportamento da biodiversidade no planeta nos últimos 540 millóns de anos. Un caso concreto é aparición do sangue quentes nalgúns grupos de dinosauros, como nos contou Sara Gamboa.
    (41:21) É posible medir a posición da columna vertebral sen facer radiografías e cun método non invasivo e barato. O CITENI da Universidade da Coruña patentou un dispositivo que pode axudar a traumatólogos e ortopedistas. Conversamos co enxeñeiro biomecánico Florian Michaud.
    57 min
  • Póker de raíñas: @ConchiLillo, @farmagemma e @tvaldessolis
    No Ciencia na Aldea conversamos con Gemma del Caño (farmacéutica, especialista en seguridade alimentaria), Teresa Valdés Solís (Investigadora del INCAR-CSIC) e Conchi Lillo (Neurobióloga da Universidade de Salamanca). As tres teñen en común a súa aposta persoal pola divulgació da ciencia.
    16 min
  • Efer 674 (23-5-24): Ciencia na aldea (versión estendida)
    A aldea de Pena da Nogueira no Concello de Negueira de Muñiz pasou de ter catro habitantes a ser por tres días un epicentro da divulgación científica e ambiental coa celebración da terceira edición de "Ciencia na Aldea". Neste monográfico conversamos con Alberto Uría e Vanesa Paredes (Asociación Corripa), Fernando Valladares (Profesor de Investigación do CSIC no grupo de Ecoloxía e Cambio Global no MNCN), Valentina Raffio (xornalista de ciencia e medio ambiente en "El Periódico"), Félix Torres (entomólogo, profesor da Universidade de Salamanca), Lucía González (astrofísica e promotora de Allande Stars), Henrique Nepomuceno (director do Parque Biolóxica da Gaia, Portugal), Gemma del Caño (farmaceútica, especialista en seguridade alimentaria), Teresa Valdés Solís (Investigadora del INCAR-CSIC) e Conchi Lillo (Neurobióloga da Universidade de Salamanca).
    1 hr 26 min
  • Efer 673 (16-5-24): Mellor de madeira desde a Galiciencia
    "Mellor de madeira" é o lema da edición de 2024 da feira cientifíca Galiciencia organizada por Tecnópole en San Cibrao das Viñas. Irmandamos a Galiciencia co Día da Ciencia na Rúa en A Coruña da man da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e os Museos Científicos Coruñeses. (16:35)
    O botánico Bernabé Moya alerta sobre os problemas que sofren as árbores sobranceiras e denuncia a agresión ao teixo milenario de San Cristobal de Valdueza no Bierzo (42:15).
    55 min
  • Efer 672 (2-5-24): Deseño para a innovación
    Repasamos a historia do deseño galego (15:46) (35:42) ao tempo que asistimos ao VII Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial. Conversamos con Carmen Bouza (1:48), Javier Cañada e Irene Bazo (17:52) e Uqui Permuy (37:39).
    1 hr
  • Efer 671 (25-4-24): Copenhague no CINVIGO
    Desde a Porta do Sol de Vigo realizamos o programa cara o público no festival científico CINVIGO. Contamos coa presenza de Miguel Ángel Correa, Margarita Vázquez González, Trinidad Vázquez, Aroa Álvarez e Noel Queipo.
    Co pianista Juanjo Fernández e os actores Estíbaliz Espinosa e Manuel Fernández representamos sonoramente fragmentos da obra de teatro Copenhague. Que pasou no encontro entre Heisenberg e Bohr na Copenhague ocupada polos nazis cando a bomba atómica era só unha posibilidade teórica?
    (34:10) Aceleradoras de empresas con Patricia Fernández (GAIN) e Nacho Iglesias (Vi&Go).
    1 hr 2 min
  • Efer 670 (18-4-24): Xornadas de Tecnoloxía de Galicia
    (1:43) Coñecemos a resolución da 5ª convocatoria do programa "Fábrica Intelixente" de GAIN con Patricia Argerey e Gregorio González de FINSA.
    (16:48) Achegámonos ao Instituto da Illa de Arousa para coñecer de primeira man o desenvolvemento das XX Xornadas de Tecnoloxía organizadas por APETEGA.
    (37:23) Noel Queipo convídanos á segunda edición do festival CINVIGO.
    (39:06) Patricia Preito é comisaria da exposición "Conciencia dunha tradición. Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós".
    58 min
  • Efer 669 (11-4-24): Viaxe arqueoastronómica ao Antigo Exipto
    (3:21) Lembramos a figura de Peter Higgs con José Edelstein
    (15:05) O investigador do Instituto Astrofísico de Canarias Juan Antonio Belmonte, ademais de dedicarse ao estudo de exoplanetas, é unha das máximas autoridades en arqueoastronomía, tamén coñecida coma astronomía cultural.
    En 2004 comezou a estudar a orientación astronómicas dos templos do Exipto Antigo na Misión Hispano-exipcia de arqueoastronomía, a cal se desenvolve baixo o paraugas do Consello Supremo de Antigüidades. Acompañados por el, emprendemos unha viaxe no tempo chea de templos, xeróglifos, constelacións, estrelas e calendarios.
    (46:37) Pim Pam Experimenta é un concurso científico da TVG. Conversamos con David Ballesteros.
    56 min
  • Efer 668 (4-4-24): Desentrañar a electrónica orgánica
    (5:12) Estíbaliz Espinosa preséntanos o proxecto europeo Urban Travell Machines de poesía en planetarios creado por Philip Meersman.
    (14:17) Jaime Martín traballa en electrónica orgánica no campus industrial de Ferrol da UdC como investigador Oportunius da GAIN. A súa investigación é considerada de alto risco e impacto polo Consello Europeo de Investigación que lle concedeu un proxecto Consolidator Grant de 2 millóns de euros. Martín afondará na estrutura dos polímeros semicondutores a partir do seu novidoso modelo semiparacristalino. Tamén conversamos con Mariano Campoy Quiles (ICMAB-CSIC). Estes materiais están chamados a producir, por exemplo, paneis solares flexibles, transparentes, económicos e sostibles.
    (35:18) Chamamento de Eva Cabanelas á participación no concurso de monólogos científicos en galego Ciencia Calidade.
    (39:41) Guía do ceo de primavera co noso estreleiro @astroxabi, Xabier Pérez Couto onde incluímos información sobre a eclipse do 8 de abril e o cometa 12P/Pons Brooks.
    55 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.